Skip to Content

Con Verónica Boquete

Este mércores visitounos Vero Boquete, a gran futbolista santiaguesa que triunfa no fútbol internacional e na selección española, unha extraordinaria deportista que nos contou as súas experiencias no fúbol, como foron os seus inicios, os esforzos e sacrificio que son necesarios para triunfar no deporte, sobre gañar e perder (no deporte pérdese máis do que se gaña) e sobre as dificultades que teñen as deportistas con respecto aos homes, especialmente nun deporte que ata hai pouco semellaba que so era cousa de homes.

Moita sorte, Vero Boquete! Esperamos que sigas triunfando! 

Se queredes ver máis fotos sobre este encontro, entrade no blog Zampacontos ou premendo neste enlace.



page | by Dr. Radut