TIC

RADIO ARRABAL 2019(11)

Xa chegou o venres e con él o programa da Radio Arrabal, con novos presentadores, técnicos e locutores. Por ser o último programa do trimestre esforzámonos moito e saíu moi ben.

Noticias, deportes, o tempo, masterchef, a túa música, non mem tomes o pelo, axenda...as nosas seccións habituais e algunha que outra improvisación por incidencias do directo.

Disfrutade do programa e vémosnos á volta das vacacións...adeuuuuus!

Clica AQUÍ si queres escoitar o programa.

RADIO ARRABAL 2019(10)

Xa estamos case na metade do curso e aquí vai o programa número 10 da Radio Arrabal.

A preparación do programa foi moi precipitada pola cantidade de actividades que tivemos esta semana tan especial: celebramos no colexio a Semana do Mar.

Ainda así os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria esforzáronse moitísimo e conseguiron facer este estupendo programa.

A parte das seccións habituais nesta semana incluimos un especial da semana do mar, o diario Arrabal (periódico que fixo 4º de primaria con motivo do día da prensa escrita) e a festa da Reconquista de Vigo.

Esperemos que vos guste e que o disfrutedes durante a fin de semana, adeus.

Clica AQUÍ si queres escoitar o programa.

RADIO ARRABAL 2019(8)

Despois de dúas semanas sin radio polo entroido e demáis, xa estamos aquí de novo co oitavo programa en directo da RADIO ARRABAL. Ademáis das seccións habituais hoxe temos dous artigos moi interesantes en "Non me tomes o pelo": un adicado a Yoli e outro relacionado coa celebración do 8M. Esperamos que vos gusten...

Clica AQUÍ si queres escoitar o programa.

RADIO ARRABAL'19 (7)

Aquí tedes o novo programa da Radio Arrabal, quentiño, quentiño recen saído do estudo de gravación.

Coas seccións habituais e un artigo especial sobre Rosalía de Castro.

Si non te queres aburrir escoita as noticias, os deportes, os chistes, a música, o que vai pasar en Baiona coa festa da Arribada e moitas actividades que nos dixeron na axenda. Disfrutade do programa e boa fin de semana.

Clica AQUÍ si queres escoitar o programa.

 

 

RADIO ARRABAL'19 (6)

Aquí tedes un novo programa da Radio Arrabal, esta vez adicado ao amor. Ademáis das seccións habituais, cambiamos a sección de "mortos de risa" pola de "Mortos de Amor". Os encargados de preparala foron os alumnos e alumnas de PT, coa axuda da profe Raquel. Nos explicáron o porqué deste día e fixeron unhas maravillosas locucións con frases e declaracións de amor.

Clica AQUÍ si queres escoitar o programa.

RADIO ARRABAL'19 (5)

Sexto programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (Oia). Esta semana coma sempre novas do xornal, deportes, o tempo, masterchef, a túa música e as músicas do timbre, risas e chistes, a Excursión á Coruña e, xornada de badminton en Educación Física, axenda e moito máis.

  Clica AQUÍ si queres escoita o programa da semana.

RADIO ARRABAL'19 (4)

Xa temos un novo programa da Radio Arrabal, e son 5 colgados nesta web.

Esta semana, a maiores das sección habituais, tivemos unha sorpresa moi especial: a entrevista á mestra especialista en música do cole, Noela. Foi unha entrevista moi interesante, non a perdades pois a profe ata cantou en directo (e a capela) unha fermosísima canción.

Esperamos que vos guste, un saúdo.

Clica AQUÍ si queres escoitar o programa.

RADIO ARRABAL 2019(3)

Outro novo programa da radio arrabal, cunha nova sección na que poderá participar todo o alumnado do cole (agás 4º e 5º de infantil):

"ConcursARTE".

Teremos preguntas, adiviñas, sopa de letras...todo referido ao tema principal que este ano traballamos no cole, a arte.

Esperamos que vos guste, animádevos a participar!

Si queres escoitar o programa do venres clica AQUÍ!!!

 

RADIO ARRABAL 2019(2)

Terceiro programa en directo da Radio Arrabal, cada vez nos resulta máis doado elaborar o programa. Aínda nos queda moito por aprender pero non nos falta motivación e seguiremos adiante. Esperamos que vos guste.

Clica AQUÍ si queres escoitar o programa.

RADIO ARRABAL 2019

Aquí tedes o primeiro programa da radio Arrabal que se publica na páxina web. Este ano ao faltarnos o profe Elías resultounos máis complicado pero por fin aquí está, esperamos que vos guste!

Clica na imaxe si queres escoitalo.