Orientación

LUNS, 2 de ABRIL de2018

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo,

fagamos unha sociedade accesible."

Este é o lema elexido no 2017 e 2018 para celebrar o Día Mundial de concienciación sobre o autismo.

As persoas con autismo enfrontanse a numerosas barreiras, que varían en función de cada individuo e das súas necesidades específicas, á hora de disfrutar dos seus dereitos fundamentais e de formar parte plenamente da comunidade.

Para o movemento asociativo do autismo é moi importante que a sociedade entenda cales son as barreiras ás que se enfrontan as persoas con TEA porque iso permitirá unha mellor adaptación ás súas necesidades e reforzará a inclusión destas persoas en tódolos ámbitos de socidade.

  

 

 

VISITA DO COLEXIO DE SAN XEROME

 

(clica na imaxe para ver as fotos)

O pasado 22 de marzo tivemos unha visita do colexio San Xerome de A Guarda. Tódolos cursos fomos pasando polo salón de actos e alí fixemos unha actividade de achegamento á diversidade funcional.

Despois de presentarnos ao alumnado invitado do San Xerome, visualizamos un corto. "Por cuatro esquinitas de nada" no que se presenta o libro de Jérôme Ruillier sobre a inclusión. A continuación estivemos falando sobre a evolución terminolóxica coa que se denominou ó colectivo das persoas con diversidade dende tempos antigos ata a actualidade. Por último presentáronnos o vídeo "Conta con nós" e poidemos falar cos seus protagonistas para coñecer mellor ao alumnado do colexio que nos visitaba.

Aquí vos deixamos un video cantando a canción "Una marea de gente".

CLICA

 

 

DIA DO AUTISMO

          

    

             

 

“Rompamos barreiras polo autismo, fagamos una sociedade máis accesible”

 

Con motivo do día do autismo, celebramos unha semana de actividades relacionadas co Trastorno do Espectro Autista (TEA). Os obxectivos específicos abarcaban un máis xeral que se centrou en saber que podemos facer como compañeiros/as con alumnos/as con TEA, para facilitarlles o seu día a día no centro escolar.

Así, entre outras actividades como a análise de vídeos, a realización de murais, o traballo en equipo e xogos con pictogramas, servíronnos para aprender e concienciarnos sobre o papel que cada un de nós temos para facer, que cada gran sume na atención á diversidade.

Finalmente, tal e como se reflicte nas seguintes fotografías, o alumnado pintamos as nosas mans de cor azul e rompemos barreiras polo autismo. Todo iso, como símbolo de unión e de compromiso para o logro da tolerancia, o respecto e a inclusión.