Skip to Content

Dinamización Lingüística

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o sexto programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de BISCOITO DE IOGUR da man de Samuel, de 4º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinou o biscoito de iogur?

A palabra biscoito, provén do latín bis coctus, cuxo significado é "cocido dúas veces". A orixe do biscoito de iogur foi en FRANCIA. Os iogures vendíanse tradicionalmente en frascos de cristal e redondos, os cales eran empregados polas avóas francesas, como medidores das proporcións dos ingredientes precisos para realizar o biscoito de iogur.  

TERRA

 
Dende a área de educación musical, o alumnado de sexto realizou un baile da cantiga "Terra" mentras dúas alumnas cantaban en lingua de signos toda a canción. 
Para festexar o Día das Letras Galegas, agasallaron a todo o centro cunha actuación en directo na que gozamos do noso folclore e da nosa lingua bailando e cantando. 
 
 

"Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe"

Todo o alumnado de segundo participou de forma individual no X CONCURSO DE RELATOS que promove o Museo Liste Etnográfico de Vigo. Este ano o tema era "Heroínas e heroes,... os de onte, as de hoxe" polo que non podiamos deixar pasar a oportunidade de tratar de forma escrita unha reflexión coa que estamos firmemente comprometidas e comprometidos que é: Todos podemos darlle a volta ao mundo.

Comezamos a escribir sobre aquelas persoas que para nós fan deste mundo, un lugar mellor. Sairon textos moi fermosos sobre as nosas nais, sobre a nosa profe Nuria, sobre outros compañeiros e compañeiras de clase e mesmo algúns superheroes e superheroinas que viven na nosa imaxinación. 

Lois, o noso compañeiro, foi o gañador de toda a categoría de primeiro e segundo de primaria, non só da nosa clase, do concurso a nivel autonómico.

Noraboa por ese merecido premio e polo seu relato "MAMÁ"

 Preme na imaxe para ver o vídeo da entrega.

Cé Orquesta Pantasma – A Voar

Hoxe gozamos cantando, bailando e divertíndonos moitísimo da man do vigués César Freiria, músico autodidacta e apaixoado dos instrumentos musicais que nos fixo vibrar dende os máis cativos ao máis maiores. 
 
Gracias por achegarnos a nosa lingua e a nosa música dunha forma tan emocionante.
 

REVISTA - UNHA VIAXE APAIXOANTE.

O alumnado e profesorado do Ceip Mestre Manuel García quere agasallarvos no Día das Letras Galegas 2022 coa nosa revista O PARLADOIRO - "UNHA VIAXE APAIXOANTE". 

Clica sobre a imaxe e disfruta!! Agardamos que sexa do voso agrado. 

  Revista 2022

 

 

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o quinto programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de BISCOITO DE IOGUR da man de Lois, de 2º de Primaria. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinou o biscoito de iogur?

A palabra biscoito, provén do latín bis coctus, cuxo significado é "cocido dúas veces". A orixe do biscoito de iogur foi en FRANCIA. Os iogures vendíanse tradicionalmente en frascos de cristal e redondos, os cales eran empregados polas avóas francesas, como medidores das proporcións dos ingredientes precisos para realizar o biscoito de iogur. 

  

 
Bo proveito!!

PROGRAMA COCIÑARTE

PROGRAMA GASTRONÓMICO COCIÑARTE

Arranca o cuarto programa de CociñArte. Quédate con nós para ver esta deliciosa receita de GALLETA DE GARAVANZO da man de Cosme, de 5º de EI y Carlota, de terceiro curso. 

Pero antes de comezar... 

Sabedes onde se orixinaron as galletas de garavanzos?

A orixe dos garavanzos é incerto. A teoría máis aceptada sitúaos na zona do Mediterráneo Oriental, onde se expandiron por todo o litoral. Despois asentáronse en Persia, Asia Central e na India. Os garavanzos foron introducidos en América, na segunda viaxe que realizaron as colonias Españolas lideradas por Cristóbal Colón; alí cultiváronse con éxito nas rexións más secas de todo el territorio.

 
 
Bo proveito!!

O FÍO VERMELLO

O FÍO VERMELLO.
 
Poema de Rosalía de Castro instrumentado, cantado e interpretado polas nenas e nenos de segundo de primaria. 
 
NORABOA POR ESTE TRABALLAZO TAN CRETIVO, ORIXINAL E ÚNICO.
 
 

VISITA DE PAULA CARBALLEIRA

Gracias ao concurso "Tíralle da lingua", de relato oral en galego e organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega hoxe puidemos gozar na compaña de Paula Carballeira.

Gracias a Teo, Alexandre, Juan e Pedro por inventar e contar historias cheas de fantasía e orixinalidade. 

Gracias a Paula Carballeira por ensinarnos valores mediante os contos en galego e dar visibilidade a importancia da tradición oral. 

 Así de ben o pasamos...

Distribuir contido


by Dr. Radut