Skip to Content

HORTA DO CEDO

Xa temos plantada a horta do cedo, esa que se planta no outono para dar o producto antes da primavera. Foi o alumnado de 4 anos axudados pola súa titora e os nenos e nenas de 5º de primaria co profesor de ciencias, quenes fixeron o traballo. As verduras que puxeron foron:

  • Coliflor
  • Coles de bruselas
  • Repolo
  • Porro
  • Lombarda
  • Acelgas
  • Brócoli
  • Berzas

Agora paciencia para ver os resultados.



page | by Dr. Radut