Skip to Content

REUNIÓN DE DELEGADOS/AS

O pasado venres, 11 de outubro, a xefa de estudos e a coordinadora de actividades extraescolares reuníronse cos novos delegados e delegadas deste curso. A xuntanza foi na sala de consulta da biblioteca e a orde do día foi a seguinte:

  • Benvida e presentación dos delegados e delegadas de curso.
  • Expectativas da figura dos delegados.
  • Propostas e necesidades para este curso.
  • Rogos e preguntas.

A reunión foi moi animada e nela propuxéronse moitas melloras para o noso colexio. Os delegados e delegadas tiñen unha gran ilusión e están moi implicados co seu novo cargo.

Si tedes algunha inquietude ou proposta xa sabedes con quen hai que falar.



page | by Dr. Radut