RADIO ARRABAL 2019 (17)

Parece mentira pero xa está aquí o final de curso e tamén o noso último programa deste proxecto da RADIO ARRABAL. 

Como sabedes trátase dun proxecto para 5º e 6º de primaria onde os alumnos e alumnas maiores ensinan aos novos a facer os guións do programa, a escaleta, a parte técnica, etc. Por iso este último programa está adicado a repasar todo o que fixemos durante o curso e a despedir aos nosos amigos e amigas de 6º que marchan para o instituto.

O programa está dividido en dous capítulos, ao ser un programa especial ten algo máis de duración:

Clica AQUÍ para escoitar o capítulo 1.

Clica AQUÍ para escoitar o capítulo 2.