Skip to Content

SEMANA DO MAR

Durante esta semana e coa axuda da asociación PIUEIRO celebramos no colexio a Semana do Mar.

Na entrada temos unha exposición de traballos de todos os nenos e nenas do cole e unha colección de obxetos traída pola asociación.

Tamén temos un "photocall" con traxes de pescador polo que iremos pasando todas as clases, un taller de chapas conmemorativas e obradoiros de nós mariñeiros e maquetismo.

Unha semana moi completa na que aprenderemos moito sobre o mar e os seus oficios e trataremos de recuperar e por en valor o noso patrimonio marítimo-fluvial.



page | by Dr. Radut