blogue deFAJAR

Radio Arrabal #12

Programa número doce da Radio Arrabal. Esta semana tivemos algunhas dificultades e non foi posible emitir en directo, pero como xa o tiñamos todo listo o gravamos e aquí o tedes. Coma sempre as novas máis quentiñas, deportes, o tempo, chistes e risas, cambio de presentadora, música, Velázquez, entrevista ao noso mestre auxiliar de Lingua Inglesa "Manuel", axenda e moito máis. Para escoitalo pincha no seguinte enlace:

RADIO ARRABAL #12

A redacción da Radio Arrabal en modo "superconcentración".

Radio Arrabal #11

Aquí está o programa número once da Radio Arrabal, a radio do colexio CEIP M. Manuel García. Esta semana conmemoramos o Día Internacional da Muller 2018 cunha entrevista a María, unha coñecida mestre do colexio, o mundial de atletismo, un artigo sobre Santiago Ramón y Cajal e o seu nomeamento como Doctor Honoris Causa pola universidade de Cambridge e moito máis...

 

 

Radio Arrabal #11

Radio Arrabal #10

Esta semana fomos de excursión aos estudios de RNE -RN5 de Vigo. Alí ensináronnos como se traballa de forma profesional e poidemos facer as nosas primeiras prácticas.  

 

 

Pincha aquí para escopitar o noso décimo programa. Esta semana falamos de Emma, a borrasca que está azotando as nosas costas, de neve, da saída que fixemos ao museo do mar para visitar o Pergamiño Vindel, da Arribada e do descubrimento de América e moito máis nas nosas seccións.

Radio Arrabal #9

Noveno programa da Radio Arrabal. Esta semana celebramos o Día Internacional da Radio que este ano ten como temática "A radio e o deporte". Por ese motivo entrevistamos a Toni Liébanas o último gañador da VigBay 2017. Tamén falamos dos Xogos Olímpicos de inverno que se están a celebrar e tivemos as as seccións habituais de cada semana:novas, deportes, o tempo, concurso, tarta de obleas, chistes e moitas risas, música, Día Internacional da Radio, entrevistas e axenda. Para escoitar o programa número nove pincha no enlace. Moitas gracias por escoitarnos!!!

Pincha aquí

Radio ARRABAL #8

Programa número oito da Radio Arrabal. Desta vez falamos das costumes propias do Entroido en Galicia, escoitamos unha peza instrumental que gravaron os alumnos e alumnas de 4º de primaria e moito máis!!! Se queres escoitar o programa enteiro picha no seguinte enlace: Radio Arrabal #8

Radio Arrabal #7

Novo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (Oia). Neste programa falamos do día da paz, de ciencia e tivemos unha entrevista moi especial, a Patricia que estanos a dar o taller de xornalismo onde aprendemos moitísimo. Tamén tivemos a resolución do noso primeiro concurso; a única e resposta correcta foi a de Lucía Fajar: animádevos a participar!!!

Por certo, cada vez o estudio de radio está máis completiño, hoxe estreamos a luz que indica que estamos no aire, é dicir, en antena. Esta semana toca o turno ao Entroido e faremos o "xoves no recreo" un programa moi especial xa que o venres temos o festival de Carnaval. 

Para escoitar o programa desta semana pincha na seguinte enlace: https://www.spreaker.com/user/10362815/radio-arrabal-7

A Radio Arrabal xa en directo!!!

A Radio Arrabal comeza o ano emitindo en directo os venres á hora do recreo, das 12:10 ata o ás 12:40.

Tamén pódese escoitar a través dos podcasts que imos subindo á rede. Aquí deixámosvos unhas fotos das últimas semanas.

      

   

Pincha aquí e escoita o último programa:

 

Radio ARRABAL

A redacción da "Radio Arrabal" vai a toda máquina. Os nenos e nenas de 5º de primaria está arrancando coa radio escolar e esperan a participación de toda a comunidade escolar. Aquí podedes escoitar o primeiro programa piloto, Radio ARRABALLLLL!!!!

  

 

Pincha aquí para escoitar o programa piloto