blogue deFAJAR

Radio Arrabal #22 Programa Especial Fin de Curso

Último programa do curso 2017-2018 da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (Oia).

Programa especial con moita música, agradecementos para tod@s e consellos para o verán. Coma sempre tivemos moitas cousiñas cun toque de chispa: noticias (algunhas delas falsas), deportes e retransmisión en directo dun partido de fútbol, o tempo e consellos para ir á praia, masterchef da semana, chistes, axenda coas "tres cotillas", a seca e a deforestación, o día mundial do refuxiado, entrevista a FLIX (o artista que pintou o muro do cole), máis música e despedidas... Ata o curso que ven!!!

 

  

Para escoitar este último programa do curso pincha aquí!!!

Radio Arrabal #21_Exprés

Programa exprés da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (Oia). Debido á visita ao noso colexio do vicepresidente da Xunta de Galicia, decidimos facer un programa exprés e así poder facerlle unha entrevista. E coma sempre novas de última hora, deportes, o tempo, receitas riquísmas, chistes, música, Hiroshima e os golfiños, axenda e moito máis!!!

  

  

Para escoitalo picha aquí!!!

Radio Arrabal #20

Vixésimo programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (Oia). Esta semana coma sempre novas do xornal, deportes, o tempo, masterchef, a túa música e as músicas do timbre, risas e chistes, o Golden Gate e o día da Liberación de África, axenda e moito máis. 

    

 

Para escoitar o programa desta semana pincha aquí!!!

Radio Arrabal #19

Décimo noveno programa da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (Oia). Esta semana nova presentadora, Elba aos mandos, e coma sempre: noticias, deportes, o tempo, masterchef da semana, a túa música coa entrevista de Johan ao seu pai "Priamo El mulato", non me tomes o pelo, chistes, axenda e moito máis!!!

 

 

  

Para escoitar o programa desta semana pincha aquí!!!

Radio Arrabal #18

Programa 18 da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García de Oia. Esta semana entrevista moi especial, a alcaldesa Cristina Correa pasa polos estudios da nosa radio na sección "Non Me Tomes O Pelo"; e coma sempre, novas, deportes, o tempo, masterchef, mortos de risa, a túa música, axenda e moito máis. Esta semana presenta Estela de 5º, quen será a próxima??? Escoita a radio e boas ondas!!!

    

 

 

Para escoitar o programa desta semana, o 18 pincha aquííííí!

Radio Arrabal #17

Programa dezasete da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (OIA). Coma sempre no noso programa novas, deportes, o tempo para a semana, masterchef da semana, chistes e moitas risas, música, historia da bicicleta, xogos tradicionais, concurso, axenda e moito máis...

  

Para escoitar o programa 17 pincha aquí!

Radio Arrabal #16

Programa número 16 da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García de Santa María de Oia (PO). Esta semana cambio de presentadora (e imos pola terceira; quen será @ seguinte???), e coma sempre novas frescas do xornal, deportes, o tempo, masterchef da semana, mortos de risa, a túa música, nom me tomes o pelo ( Faro Silleiro e árbores senlleiras), axenda, concursos, premios e moito máis!!!

  

Pincha aquí  para escoitar o programa desta semana!!!

Radio ARRABAL #15

Programa número quince da Radio Arrabal, a radio do CEIP Mestre Manuel García (Oia). Esta semana tivemos cambio de presentadora, novas fresquiñas, deportes, o tempo, masterchef da semana, chistes, música, embarcacións de pesca, o traballo dos arqueólogos, unha breve historia do cinema galego, axenda e moito máis!!!

Para escoitar o programa número 15 pincha aquí

   

Radio Arrabal #14

Programa número catorce da Radio Arrabal, a radio do CEIP M. Manuel García (Oia). Hoxe coma sempre novas de última hora, deportes, o tempo, masterchef da semana. chistes e moitas risas, música, día internacional da saúde, Pompeia, Julio Verne, entrevista aos compañeiros portugueses que participan no intercambio, axenda e moito máis.

    

 

Moi boas vibracións hoxe nos corredores da radio, moita expectación!!!

Se queres escoitar o programa de hoxe e participar no noso concurso

pincha aquí!!!

Radio Arrabal #13

Xa imos polo trece. Aquí tedes un novo programa da Radio Arrabal para escoitar e disfrutar nas vacacións. Coma sempre novas, deportes, o tempo para esta semana santa, receitas, chistes, música, Stephen Hawkings, Día internacional da eliminación da discriminación racial, Día Mundial da auga, axenda e moito máis. Pincha no seguinte enlace para escoitar o programa desta semana.

Radio Arrabal #13