Actividades

A CRTVG emitirá de luns a venres, pola G2, un bloque educativo para apoiar os estudantes galegos

A Televisión de Galicia vai emitir, desde o luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa. De luns a venres, entre as 11.00 e as 13.00 horas, este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra coronavirus. Esta medida foi aprobada este sábado polo Centro de Coordinación Operativa establecido en Galicia para tratar a emerxencia.

Deste xeito, os medios públicos galegos facilitarán aos estudantes unha nova vía para recibir contidos complementarios aos que reciben dos seus centros. En colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a iniciativa arranca cunha variada oferta de programas en áreas tan diversas coma a xeoloxía, a historia, a experimentación ou o mundo animal, e que se irá ampliando con achegas do sistema educativo galego.

Unha das apostas didácticas é “Aquelando tamén quedamos na casa”, unha versión do programa de divulgación científica “Aquelando”, creada para as actuais circunstancias de estadía nos fogares. Con el búscase que a rapazada aprenda de xeito entretido, con explicacións, experimentos e trucos nos que se manexan conceptos e ideas de todas as materias que se poden atopar nos diferentes ciclos educativos.

Os pequenos poderán gozar tamén das clásicas series divulgativas de animación como “Era unha vez... o home” e “Era unha vez... os exploradores”, creadas por Albert Barillé e nas que se aborda a historia da humanidade e dos grandes descubrimentos xeográficos. Pola súa banda, o programa “Criaturas”, achegaralle ao público máis novo o medio natural e os animais desde diversas perspectivas, como a relación das persoas coas súas mascotas, as curiosidades dos animais, doenzas ou o labor que desenvolven os veterinarios, entre outras

INGLÉS PROFE MARI CARMEN 2º

Estimadas familias del alumnado de inglés de 2º de Primaria:

En previsión de que la cuarentena debido a la pandemia del coronavirus, se pueda alargar, envio un enlace  a una plataforma digital donde después de abrir una cuenta, podréis acceder al contenido digital del material de inglés All About Us Class Book 2 con el que trabajamos en el aula. Si alguien está interesado en él, deberá buscar en la página el nombre del libro y acceder al material que puede ser practicado on line en papel, en el caso de ser  trabajo escrito. Las tareas que os indico son de repaso de contenidos ya dados en el aula. A continuación os detallo el proceso a seguir:

1º . En el buscador tecleamos la siguiente dirección:

https://www.blinklearning.com/home?blinklang=MX

2º. Hay que darse de alta en la plataforma, creando una cuenta, con una dirección de correo electrónico y una contraseña.

3º.Una vez que hemos creado nuestra cuenta, iniciamos sesión y accedemos al material.

4º. Nos encontramos con una página con dos fotos de libros, la de arriba es del Class Book y la otra del Activity Book.

5º.Si hacemos clic en la del Class Book nos sale un menú a modo de índice, debemos ir a Rewiew 1. De este modo accedemos a las páginas del libro números 26 y 27.

6º.Si hacemos clic en la segunda foto del Activity Book, nos aparece el mismo menú a modo de índice y de nuevo elegimos Review 1 para llegar a las páginas números 18 y 19.

Muchas gracias por vuestra atención, paciencia y colaboración. Esperando que esta inusual situación se solucione satisfactoriamente para todos y todas muy pronto, se despide con un cordial saludo:

Mª Carmen Areal González

PROGRAMA APRENDEMOS EN CASA

Familias aquí tedes outra ferramenta á vosa disposición para este período que estamos a vivir. Non substitúe o traballo das titoras e titores que se colgou e o que seguiremos ampliando nos próximos días, pero pode ser un bo complemento do mesmo, especialmente pola facilidade de acceso para todas as familias.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE lanzan ‘Aprendemos en casa’ para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais.

Trátase dunha programación especial de televisión, con cinco horas diarias de programación educativa, dirixida a estudantes de  6 a 16 anos e  emitirase en aberto a partir deste luns 23 de marzo na franxa matinal de Clan TV e La 2 de TVE .

Aquí tedes un horario da programación:

 

EDADES LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES EMISIÓN
6-8 ANOS MATEMÁTICAS SOCIAIS ARTÍSTICA- EF LINGUA E IDIOMAS NATURAIS

DE 9-10h

CLAN TV

8-10 ANOS MATEMÁTICAS SOCIAIS ARTÍSTICA- EF LINGUA E IDIOMAS NATURAIS

DE 10-11h

CLAN TV

10-12 ANOS MATEMÁTICAS SOCIAIS ARTÍSTICA- EF LINGUA E IDIOMAS NATURAIS

DE 11-12h

CLAN TV

12-14 ANOS MATEMÁTICAS SOCIAIS ARTÍSTICA- EF LINGUA E IDIOMAS NATURAIS

DE 12-13h

LA 2 TVE

14-16 ANOS MATEMÁTICAS SOCIAIS ARTÍSTICA- EF LINGUA E IDIOMAS NATURAIS

DE 13-14h

LA 2 TVE

No link tedes a información completa: http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200321-mefprtve.html

Lembrade que todo o profesorado está á vosa disposición nos correos electrónicos que cada mestr@ vos facilitou, para resolver calquera dúbida que xurda.

Moito ánimo a tod@s

 

TAREFAS E SUXESTIÓNS PARA 6º DE PRIMARIA

NOS ADXUNTOS PODEDES ACCEDER AOS CONSELLOS E SUXESTIÓNS DO PROFESORADO DE 6º DE PRIMARIA PARA O ALUMNADO E FAMILIAS. TAMÉN VOS INDICAN UN CORREO PARA CALQUERA DÚBIDA.

TAREFAS E SUXESTIÓNS PARA 5º DE PRIMARIA

NO ADXUNTO PODEDES ACCEDER AOS CONSELLOS E SUXESTIÓNS DO PROFESORADO DE 5º PARA O ALUMNADO E FAMILIAS. TAMÉN VOS INDICAN UN CORREO PARA CALQUERA DÚBIDA.

TAREFAS E SUXESTIÓNS PARA 4º DE PRIMARIA

NO ADXUNTO PODEDES ACCEDER AOS CONSELLOS E SUXESTIÓNS DO PROFESORADO DE 4º, MARÍA,YOLANDA E TAMARA, PARA O ALUMNADO E FAMILIAS. TAMÉN VOS INDICAN UN CORREO PARA CALQUERA DÚBIDA.

TAREFAS E SUXESTIÓNS PARA 3º DE PRIMARIA

NOS ADXUNTOS PODEDES ACCEDER AOS CONSELLOS E SUXESTIÓNS DO PROFESORADO DE 3º, AIDA, JUDIT E ALBA PARA O ALUMNADO E FAMILIAS. TAMÉN VOS INDICAN UN CORREO PARA CALQUERA DÚBIDA.

TAREFAS E SUXESTIÓNS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

NO ADXUNTO PODEDES ACCEDER AOS CONSELLOS E SUXESTIÓNS DAS PROFES DE EDUCACIÓN INFANTIL, PARA O ALUMNADO E FAMILIAS. TAMÉN VOS INDICAN UN CORREO PARA CALQUERA DÚBIDA.

TAREFAS E SUXESTIÓNS PARA 2º DE PRIMARIA

NO ADXUNTO PODEDES ACCEDER AOS CONSELLOS E SUXESTIÓNS DO PROFESORADO DE 2º, SANDRA E ALBERTO, PARA O ALUMNADO E FAMILIAS. TAMÉN VOS INDICAN UN CORREO PARA CALQUERA DÚBIDA.

Distribuir contido