Centros de Infantil e Primaria

CENTROS DE INFANTIL E PRIMARIA

R.O.C.: Decreto 374/1996, do 17 de outubro. Regulamento orgánico das escolas de Ed. Infantil e dos colexios de Ed. Primaria. (Corrección de erros)

 

Orde que regula a organización dos Centros de Infantil e Primaria. Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG 02-09-97).

 

Decreto sobre a autonomía de xestión. Decreto 201/2003, do 20 de marzo, polo que se desenvolve a autonomía na xestión económica dos centros docentes públicos non universitarios. (DOG 04/04/2003).

 

Lei de Convivencia e participación. LEI 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.(DOG 15/07/2011).

 

Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar (DOG 27-01-2015).

 

Avaliación de diagnóstico. Orde do 6 de outubro de 2010 pola que se regula o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG 15/10/2010).

 

Clasificación dos centros docentes. Clasificación actual dos centros docentes públicos de todas as etapas educativas e modificación a efectos retributivos que entrará en vigor o 1 de setembro de 2008.

 

Xornada única e mixta. Orde do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados (DOG 06/06/2008).

 

Requisitos mínimos dos centros: Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria.

 

Recortes impostos polo goberno do Estado: Real Decreto-Lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo.

Distribuir contido