Skip to Content

ESCOLA DE FAMILIA EDUCANDO 2.0

Queridas familias queremos convidarvos neste 2021 á Nova Escola de Familias EducANDO 2.0. Neste ano, non queriamos perder o legado que deixou a nosa antiga orientadora Isaura Cachera e vos animamos a participar dende a plataforma WebEx a primeira das nosas charlas para educar todes xuntes.

"Coñezo o meu colexio?"
 
- Hora e lugar: martes 12 ás 17:00 horas en WebEx
- Dirección de acceso: eduxunta.webex.com
- Onde di "Unirse a una reunión", poñedes o número da sala do cole: 843 794 708 e premedes en "unirse" e a continuación en "unirse á reunión".
- Sempre mellor unirse dende o navegador sen elexir aplicación, coma facedes nas sesións do cole co alumnado.
- Se entrades dende móvil ou tablet tedes que ter instalada a aplicación, se non a tedes xa.
- Por motivos de seguridade e para non violar a Lei de protección de datos, cando accedades se vos apagarán cámara e son. 
- Na charla vos indicaremos como facer preguntas e interactuar coas relatoras.
 
Animámosvos a participar nesta nova Escola de Familias sen precedentes, pois será todo un acontecemento e porque o facemos precisamente por vós, para que teñades un lugar para educar en tribo, porque o noso alumnado o merece. Correde a voz! A COVID non nos deixará sen ganas de educar xuntes!
 
Porque EducANDO dou un paso para crear unha sociedade mellor, familias, estades todas convidadas.
 
#EscolaDeFamilias #EducANDO #EducANDO2.0


page | by Dr. Radut