Skip to Content

ESCOLA DE FAMILIAS: EDUCANDO, FAMILIA-ESCOLA

 

Estimadas familias:

Dende o CEIP Mestre Martínez Alonso queremos convidarvos a participar nas vindeiras actividades que se desenvolverán dende a Escola de Familias Educando, Familia–Escola,  que con tanto agarimo e dedicación estamos organizando dende o centro.

GustariaNos contar coa vosa presenza para compartir ideas, proxectos, dúbidas, inquedanzas..., e así contribuír a unha unión máis próxima das familias á nosa escola, que somos todos e todas, e na que queremos camiñar en equipo.

A primeira actividade que se desenvolverá correrá a cargo de Alba Alonso Feijoo, a nosa compañeira, amiga e coñecida por todos/as, unha das nosas profesoras de inglés!

Tratarase dunha charla-coloquio onde se abordará a diversidade afectivo-sexual dende a escola e as familias e que leva por título:

Ti que ves sendo? Neno ou nena?

Dita charla realizarase o próximo martes día 26 ás 17:00 horas, na biblioteca do noso colexio, e terá unha duración aproximada de dúas horas.

Animámosvos a todos/as a participar!



page | by Dr. Radut