Vostede está aquíArdemiro's Games

Ardemiro's Games


4th CHALLENGE 20/03/2020 - REFRANS COOPERATIVOS

Despois de cantar tan ben e de aprender un pouquiño máis sobre cómo reaccionar e saber facer unha RCP nun momento crucial, Ardemiro chega con un novo reto disposto a afondar na nosa cultura galega, queredes saber cal é ? Pois prestade moita atención: o reto consiste en realizar refráns cooperativos:

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 4º RETO?

1. Pensar, preguntarlle ás nosas familias ou buscar información sobre un refrán.

2. Gravar un audio/ vídeo recitando o refrán e explicando o seu significado entre varias persoas da familia.

3. Non podemos repetir ningún refrán que esté subido ao padlet.

4. Se cumplides estas 3 premisas: RETO CONSEGUIDO.

 

3rd CHALLENGE 19/03/2020: CANTAMOS PARA SALVAR VIDAS!

Bueno, bueno, bueno, abraiados estamos do nivelazo artístico do noso alumnado e da súa participación nos retos.

Hoxe probablemente fagamos o reto máis importante de todos os posibles, imos aprender unha canción coa que podemos salvar vidas, que gran responsabilidade!!!. Estamos nun momento un pouco extraño das nosas vidas e apenas podemos convivir con xente nin case expoñernos ao exterior,  aínda así, non estamos libres de ter accidente doméstico ou percance persoal. Se isto sucede, temos que saber reaccionar e saber que facer en cada momento, é crucial para salvar vidas.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 3º RETO?

1-Aprenderse a canción da reanimación e os xestos.

2- Practicalos preferiblemente cun familiar (así aprendedes @s dous) ou cun peluche.

3- Unha vez que o controledes, sacade unha foto realizandoo ou un vídeo non máis longo de 15 segundos nin máis de 15 MB, para non ter problemas ao subilo ao padlet.

4- Se cumplides estas tres premisas: RETO CONSEGUIDO!

 

Para axudarvos na súa realización tendes 3 vídeos, o primeiro coa canción, o segundo unha clase de infantil que o está a realizar e por último un exemplo de vídeo que poderiades realizar vos.

2nd CHALLENGE 18/03/2020: DEMOSTRANDO AS NOSAS DOTES ARTÍSTICAS

Primeiramente dar a noraboa a tod@s por participar e conseguir o primeiro reto, a verdade e que saiuvos xenial, pero agora que xa fumos quecendo motores Ardemiro presenta ao seguinte reto, en que consiste? en realizar unha obra de arte utilizando calquera tipo de materiais que teñades a man, ben sexan fíos, cartulinas, bastoncilos ou mesmo pasta como podedes ver no exemplo:

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 2º RETO?

1. Podes botarlle un vistazo o exemplo para ir tendo algunha idea.

2. Realiza un debuxo coa túa familia coa temática que vos queirades ( pode ser un animal, un xoguete, unha paisaxe, un monumento...)

3. Decoradeo con materiais que teñades na casa (herba, palillos, corchos...)

4. Subide ao padlet unha imaxe realizando a vosa obra de arte.

5. Se cumplides estas catro premisas: RETO CONSEGUIDO!

 

1st CHALLENGE 17/03/2020: A MOVER ESE CORPIÑO!

Levamos uns días seguramente moi sedentarios, onde vimos un montonazo a tele, xogamos coa tablet...Pois Ardemiro proponvos mover un pouquiño o esqueleto a través deste vídeo de cardio.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 1º RETO?

1-Ver o vídeo que temos a continuación e realizalo en familia.

2- Unha vez rematado, vos decidides se queredes volver a repetir, ver outros vídeos da protagonista (moi recomendable) ou se preferides descansar.

3-Subir ao padlet unha imaxe ou vídeo realizando a actividade.

4- Se cumplides estas tres premisas: RETO CONSEGUIDO!