Vostede está aquíArdemiro's Games

Ardemiro's Games


13th CHALLENGE 30/03/2020: MENSAXES POSITIVAS

Comezamos unha semana máis cos retos de Ardemiro, noraboa por todas estas semanas xa que a participación é boísima e o nivel aínda moito máis, estades facendo un traballo marabilloso tod@s.

O primeiro reto desta semana consiste en crear unha mensaxe positiva, unha mensaxe de ánimo para tod@s.  Cada vez queda menos para saír desta situación, que mellor que animarnos uns aos outros para levalo o mellor posible. Para crear a mensaxe imos a empregar todo o noso enxeño, podemos utilizar diferentes técnicas para escribila ( recortes de periódico, revistas, ceras, con botóns…. calquera cousa que teñades na casa) e ademáis podedes facer a mensaxe na lingua que queirades ( galego, castelán, inglés…).

Ánimo e continuamos... atentos ás premisas:

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 13º RETO?

1. Pensar unha mensaxe e o idioma no que a imos escribir.

2. Escribir a mensaxe en familia utilizando a técnica que queiramos (corchos, botón,  pastas…).

3. Gravar un vídeo/foto facendo a mensaxe e subila ao padlet da 3ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

12th CHALLENGE: A oca de Educación Física!

Ollo piollo, que chega a fin de semana e con ela un reto moi particular que nos encantaría que realizarades en familia e que o repetirades cantas veces quixerades ao longo desta cuarentena. Imos a xogar á oca pero en cada casiña imos a ter unha actividade física que realizar. Para que a oca se adapte ás vosas circunstancias, presentamos 2 distintas: unha curta de 20 poucas casiñas e outra de 50. Xa que non tod@s temos impresora na casa, podemos debuxar á nosa maneira a oca, poñer o número de casiñas que corresponda en cada circuíto e descargar a información das normas e os exercicios a realizar en cada casiña. Isto é un reto de fin de semana, co cal, luns volveremos co reto nº13...como pasa o tempo non???

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 12º RETO?

1. Entrar no blog do profe Alex, na entrada do xogo da oca de Educación Física (https://alexvef.blogspot.com/2020/03/aqui-temos-dous-xogos-de-oca-para.html) e descargamos a oca que consideremos oportuno ou as dúas.

2. Logo podedes optar por imprimir o circuíto que seleccionedes ou debuxalo, iso si, lembrádevos de que teña o mesmo número de casillas que os orixinais. Se non tendes dados, empregade o móbil que hai unha chea de aplicacións de dados.

3. Gravar un vídeo/foto xogando á oca de Educación Física e subilo ao padlet da 2ª semana.

4. Se cumplides estas 3 premisas RETO CONSEGUIDO!

11th CHALLENGE 27/03/2020: PERCUSIÓN CORPORAL

Chegamos a outro reto no cal imos tocar un instrumento que todos temos, que é o noso corpo, é dicir, imos facer percusión corporal. Asique vamos sacar todos o percusionista que levamos dentro de nós.

Para facer este novo reto,  imos a deixar 2 vídeos da mesma canción, o primeiro é un pouquiño  máis fácil ( aínda que vai pouco a pouco acelerando, subindo a velocidade) e  o segundo é unha percusión corporal máis rápida, podedes facer calquera das dúas, espero que a maioría se anime a facer ambas, asique preparad@s, list@s e comezamos!!!=)

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 8º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2. Practicar a percusión corporal en familia.

3. Gravar un vídeo/foto facendo a percusión corporal e subilo ao padlet da 2ª semana.

4. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

Vídeo 1: 

 

 

Vídeo 2:  

10th CHALLENGE 26/03/2020: CARREIRAS DE GUSANOS

Benvidos a outro novo reto, xa vemos que se vos dan moi ben tanto retos relacionados con educación física, música, plástica, linguas… asique imos a complicalo un pouquiño máis e para superar o reto de hoxe, teredes que unir todas esas facetas nunha mesma, xa que o 10º reto consiste en facer unha carreira de gusanos de papel soprando con unha palliña. Para iso, necesitamos desenvolver a nosa creatividade facendo o gusano, desenvolver a nosa faceta musical aumentando a nosa capacidade pulmonar ( a mesma que utilizamos para tocar a frauta) pois necesitámola para soprar pola palliña e tamén debemos desenvolver a nosa faceta ximnástica, xa que o gusaniño terá que manterse en equilibrio seguindo unha liña que será o noso circuito de carreiras e delimitará por onde vai pasando o noso gusano.

 

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 8º RETO?

 

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación, para ter unha idea do que imos a realizar.

2. Debuxar o noso gusano de competición e facer unha liña, un circuito por onde realizaremos a carreira ( podemos facelo con tiza, cinta illante, o que teñades á man).

3.  Facer carreiras coa vosa familia polo circuito que elaborastes soprando con unha palliña.

4.  Gravar un vídeo/foto facendo a carreira en familia e subilo ao padlet da 2ª semana.

 

5. Se cumplides estas premisas RETO CONSEGUIDO.

 

 

 

9th CHALLENGE 25/03/2020: XOGOS E MÁIS XOGOS!!!

Bueno, bueno, como quedaron esas cadeiras despois de tanta cumbia???

Lembrádevos que tendes á vosa disposición o lipdub colaborativo de agradecemento un pouquiño máis abaixo. Desfrutádeo!!!

Pois hoxe non imos ser menos, temos preparados unha serie de xogos moi moi divertidos para compartades cos vosos familiares. Cun sorriso seguramente que o confinamento pase mellor.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 9º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2.Xoga polo menos a 2 xogos distintos en familia.

3. Gravar un vídeo/foto desfrutando dos xogos e subilo ao padlet da 2ª semana.

4. Se cumplides estas 3 premisas RETO CONSEGUIDO!

 

6th CHALLENGE 22/03/2020: AQUÍ TEMOS O NOSO LIPDUB COLABORATIVO!

Como resultado do reto nº 6 dos Ardemiro's Games, aquí temos o lipdub colaborativo. Mil grazas por colaborar en cada un dos retos...Desfrutade do vídeo!

 

8th CHALLENGE 24/03/2020: A RITMO DE CUMBIA

Despois desta gran sesión de ioga, onde representastes xenial tanto a serpe, gato, can coma abella, vamos a polo seguinte reto, preparádevos porque agora toca movernos ao ritmo de cumbia, asique ide practicando e sacando todo ese ritmo que levades dentro!!!=)

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 8º RETO?

1. Ver o vídeo que se mostra a continuación.

2.Practicar a coreografía en familia.

3. Gravar un vídeo/foto facendo a coreografía e subilo ao padlet da 2ª semana.

4. Se cumplides estas 3 premisas RETO CONSEGUIDO.

7th CHALLENGE 23/03/2020: IOGA CON ANIMAIS!

Ao longo do día, colgaremos o vídeo do reto de onte. Para hoxe, luns, primeiro día da semana, dí Ardemiro que teredes que estricar as perniñas un pouco e facer estas posturas de Ioga baseadas en animais que nos axudan a tonificar o corpo ao tempo que desenvolvemos a flexibilidade.  Para elo, primeiramente teredes un video-tutorial de como se fan as posturas e despois o propio vídeo que tendes que realizar.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 7º RETO?

1- Ver os vídeos que se expoñerán a continuación.

2-Realizar o segundo vídeo coas 4 posturas de animais (gato, can, serpe e abella).

3-Gravar uns segundos de vídeo ou facer unha foto cunha postura (incluso valería unha montaxe das mesmas) e subilo ao novo padlet da 2ª semana.

4-Se cumplides as tres premisas anteriores, reto conseguido!

6th CHALLENGE 22/03/2020: CREAMOS UN LIPDUB COLABORATIVO DE AGRADECEMENTO!

“Papaya, papaya…” a Ardemiro non se lle saca da cabeza ese ritmo tan pegadizo dos Minions . A proba de hoxe trata de facer un lipdub colaborativo de agradecemento, xa que, levamos xa unha semaniña na casa e hai xente que apenas puido ver á súa familia por axudar aos demais, doutores/as , panadeir@s, caixeir@s do supermercado, carniceir@s, camioneir@s, enfermeir@s e un longo etc...son as verdadeiras heroínas e heroes que se expoñen ao contaxio evitando que os demais nos teñamos que expoñer demasiado e ben seguro que se alegrarán de ver o noso vídeo. Tamén nos queremos lembrar d@s contaxiad@s que teñen por diante un futuro incerto e animalos no seu camiño á recuperación completa. Decidimos poñelo un domingo, xa que, seguramente sexa o día no que menos xente traballe e así podedes facelo con toda a familia reunida e a proba é realmente curta (gravacións de 10 segundos). Con todo o que recompilemos deste domingo xeraremos un produto final, que será un vídeo que colgaremos na canle de youtube do centro (en modo oculto, coma sempre), no propio apartado da proba e na portada da web do centro. Damos por feito que, toda familia que sube o seu anaquiño de vídeo entende que está exposta á posterior difusión do vídeo final. Se algunha familia polo motivo que sexa, non puido participar ata agora e quere facelo, que se sinta libre de facelo, isto é coma nas festas, cantos máis, mellor!!!!

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 6º RETO?

1- Ver os vídeos que se expoñeran a continuación, máis abaixo, coa canción orixinal, outra traducida para coñecer a letra e outro que serve como exemplo.

2-Realizar unha ou varias mensaxes de agradecemento e motivacionais en 1, 2,3 folios, cartulinas...coma sempre, o que teñades á man.

3-Gravar 10 segundos en horizontal movéndose ao son da música e mostrando as mensaxes e subilo ao novo padlet que ides ver a continuación dos vídeos desta proba, non ao padlet de sempre!

4-Se cumplides as tres premisas anteriores, reto conseguido!

Non faremos comentarios dos vídeos subidos no reto, xa que, estaremos traballando en descargar, unir os anaquiños e facer un vídeo ben chulo, polo tanto, preferimos que os fagades vos cando vexades o vídeo final coas vosas contribucións.

Traemos 2 vídeos coa canción, a primeira é o videoclip oficial da canción e a segunda é unha versión subtitulada para observedes as letras, que teñen unha mensaxe moi potente e nos axuda a facer a gravación. Ademais, poñemos un vídeo de agradecemento como exemplo de como poderiamos facer, iso sí, nos con movemento eh!:

 

Padlet do lipdub colectivo de agradecemento:

Hecho con Padlet

5th CHALLENGE 21/03/2020 SESION ZUMBA

Moi ben todos eses refráns, gran traballo coma en todos os retos anteriores!!=) hoxe tócanos un reto movidito, seguro que a algún vos soa este baile, que tanto vos gusta a vos e tamén a Ardemiro, asique a movernos ao son da música electrónica con unha sesión de zumba.

COMO LOGRAMOS SUPERAR O 5º RETO?

 1.Ver o vídeo de zumba.

2. Realizar a coreografía en familia.

3. Subir ao padlet unha imaxe ou vídeo realizando o reto.

4.   Se cumplides estas 3 premisas: RETO CONSEGUIDO.