Vostede está aquíTaboleiro

Taboleiro


Benvidos sticky icon

 Ola !!! Un saúdo do voso amigo ARDEMIRO, o lobo máis guai e molón que pisou nunca as terras do Mesón.

 Benvidos á sección dos alumnos.

 Aquí poderedes atopar curiosidades, concursos e todas esas noticias que vos parecen interesantes.

 Tamén poderedes atopar todas as fotos das celebracións e saídas que facemos no centro. Non esquezades de visitarme.

 

Novo aparcadoiro

O luns 8 de outubro ás 16:30 empregamos por primeira vez o novo aparcadoiro na parte leste do colexio, que é unha gran mellora para a saúde e seguridade de toda a comunidade escolar. 

Acompañáronnos nesta inauguración o alcalde José Luis Martínez, as concelleiras Ana Mª Soneira e Susana García e Antonio Prado (Rogelio). Para ver fotos, premede no autobús.

Despedida 6º

  Como os alumnos de 6º marchaban de excursión, o venres 15 de xuño, fixemos a súa despedida oficial. Primeiro o profe Xan deu unha charla sobre o Camiño Inglés, logo repartíronse os premios do concurso das Letras Galegas e ao final os dous titores que tiveron en Primaria déronlle uns agasallos. Se vos gusta a nostalxia, vede como cambiaron premendo na imaxe. 

Ata sempre e noraboa

  Marchan os nosos alumnos de 6º e ata o mesmo Ardemiro veu despedirse deles. Aquí tedes unha foto de como eran hai case 10 anos coa súa 1ª profesora, Fátima, e as últimas deste ano no cole. Moita sorte para o futuro!

 Doutra banda, no cole estamos orgullosos dos éxitos dos nosos alumnos e ex-alumnos. Desde aquí queremos felicitar ao club de taekwondo Boudsport polos seus triunfos e a Manuel pola súa excelencia académica xa que está entre os 25 elixidos para participar no proxecto ESTALMAT.

Nomes

  Curso 11-12: O nome máis popular entre os alumnos do cole era Adrián (4 nenos) seguido de Jorge (3) e Martín (3). Entre as rapazas o máis popular era Alba (4) seguido de Lucía (3).

  Doutra banda había moitos nomes que non se repetían. Deles os máis exóticos eran Sorraylla, Aisha, Sahara e Jahvé.

  No curso 16-17 Hugo (4 nenos) é o nome máis popular seguido de Álvaro, Daniel e Rubén (todos con 3). En nenas os máis postos son Laura (3) e Paula (3).

Apelidos 16-17

 O apelido máis corrente no noso colexio é CANDAL (24 veces), de feito lévao un de cada 4 rapaces (un 22 %). Outros tamén moi habituais son Gómez (15), Martínez (11) e Noya (6).

  Chama a atención que o segundo apelido máis habitual de Galicia, que é Férnandez, non o leva NINGÚN rapaz no cole. Así mesmo, Rodríguez, o 1º de Galicia e 4º no concello, só o levan 2.

  Doutra banda os apelidos máis exóticos que atopamos son: Boudjenane (francés), Horváth (eslavo) e Sokoli (albanés).