Vostede está aquíComplementarias

Complementarias


Entroido 2019

  O venres 1 de marzo celebramos o remate da nosa semana de Entroido cun gran desfile pola vila do Mesón. Premede na imaxe para ver fotos.

  Doutra banda o domingo 3 de marzo foi a sempre impresionante FESTA CHOQUEIRA na Sala Josfer, a partir das 16:30. As entradas custaron3 € para os adultos e 2 € para os nenos. Como todos os anos houbo música, sorteos, agasallos e moita diversión.

Capitán Planeta

  O luns 18 de febreiro recibimos a visita do Capitán Planeta. Traía un pequeno cofre con  candados que podiamos abrir se superabamos 5 probas. Despois de moito traballar, obstaculizados por un personaxe que aparecía nos momentos máis inoportunos, lográmolo e díxonos que iamos aprender a coidar o planeta e crear un HORTO na escola. Agora seremos hortinautas!

  Foi unha tarde moi divertida. Para ver algunhas fotos, premede na imaxe.

 

Amigos de Galicia

  O venres 1 de febreiro recibimos a visita dunha moza pertencente á Fundación Amigos de Galicia (a que nos recolle os tapóns) que lles dou unha charla aos rapaces de primaria explicando como fan e a quen axudan cos tapóns recollidos. Alucinounos saber que necesitan máis de 5.000 tapóns para recibir 1€! Premede na imaxe para ver as fotos.

Festival de Nadal 18

  O venres 21 de decembro tivemos o noso gran festival de Nadal con obras de teatro, cancións, poemas e bailes. Despois dun tentempé cortesía dos nosos cociñeiros houbo a entrega de premios do concurso de postais e a aparición das SSMM de Oriente que nos entregaron agasallos a todos. Vede as fotos premendo na imaxe.

Ademais recollemos unha boa cantidade de alimentos que foron entregados a Cáritas de Ordes. Se queredes ver en detalle o que se recolleu clicade aquí.

Charla sobre reciclaxe

O mércores 21 de novembro os rapaces de 3º a 6º curso tiveron unha moi interesante charla sobre reciclaxe dada por dúas mozas da empresa Sogama. Ao final repartiron algúns agasallos. Se queredes ver fotos, premede na imaxe.

Magosto 2018

  O venres 31 de outubro festexamos o Magosto. Mentres Anabel e Virtudes asaban as castañas o resto xogamos no pavillón ata que chegou o turno de comelas. Para ver fotos, premede na imaxe.

Carreira contra a leucemia

  O venres 26 de outubro toda a comunidade escolar do CEIP Mesón do Vento participou nunha Carreira contra a Leucemia infantil, actividade solidaria co obxectivo de recadar fondos para a investigación desta terrible enfermidade. E ademais pasámolo moi ben, que todo axuda. Para ver fotos, premede na imaxe. 

  Feitas as contas, recadáronse 225,20 € que foron enviados á "Fundación Unoentrecienmil" a través dun ingreso feito no Banco de Santander. Grazas a toda a comunidade escolar por esta aportación.

Preescolar na casa

  O venres 8 de xuño recibimos ás monitoras de Preescolar na casa cos seus alumnos e nais, xunto cos alumnos de próxima incorporación ao noso colexio. Á festa sumáronse os nosos alumnos de Infantil. Non faltaron uns doces tentempés, cortesía dos nosos cociñeiros. Foi todo un éxito!

Letras Galegas 2018

 O venres 18 de maio, celebramos como se debe a gran festa das Letras Galegas coa "2ª Carreira polas Letras" a carón do campo de fútbol do Mesón do Vento cunha gran participación de toda a nosa comunidade.

  Pola tarde visitounos o grupo "@s Rebuldeir@s" onde toca o noso antigo profe Jose. Foi un perfecto fin de festa! Para ver fotos, premede na imaxe.