Vostede está aquíMúsica

Música


¡Acábate la sopa! 2015

 O mércores 28 de outubro as clases de 1º a 4º de primaria fomos ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a ver "¡Acábate la sopa!", unha obra onde a música xoga un papel moi importante. Logo chegamos un pouco xustos de tempo ao cole mortos de fame pero valeu a pena porque o caldo quente sóubonos como nunca!

Os Viqueiras 2015

 O 15 de maio viñeron ao cole  "Os Viqueiras"   para celebrar connosco as LETRAS GALEGAS.

  É un grupo moi famoso porque foi fundado hai moitos anos polo gran gaiteiro Manuel Viqueira (xa falecido) e ameniza innumerables festas da comarca. Hoxe, liderados por Manolo Viqueira fillo, continúan co seu infatigable labor de divulgar entre a xente o coñecemento dos nosos instrumentos e música tradicional

Día da Paz 2015

  O venres 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no colexio.

  Todos os ciclos e departamentos (música, relixión, TIC, inglés ...) colaboramos. Os alumnos de Ed. Infantil fixeron unha morea de adornos e aprenderon cancións, Os de 1º ciclo traballaron sobre os xestos para a paz, os do 2º ciclo ensináronnos os ingredientes necesarios para facer unha receita de paz e os alumnos do 3º ciclo informáronnos a todos da vida e obra dos dous últimos premios nobel: Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi.

   Para rematar cantamos "Light a candle for peace".

O Crebanoces 2014

   O día 16 de maio, celebramos o DÍA das LETRAS GALEGAS no colexio cunha representación de títeres. A Asociación Musical "Monicreques" tróuxonos ao escenario do noso salón de actos unha recreación do famoso conto de Ernst Hoffmann "O crebanoces" no que os seus personaxes viaxan por diversos países, todo un pretexto para aprender algo novo ao mesmo tempo que  nos deleitabamos coa fermosa música de Tchaikovski.

Día da Paz 2014

   Latas pola paz é un proxecto do 2009 que consiste en transmitir por todo o mundo mensaxes de paz e non violencia que se introducen nas latas recicladas.

  Un grupo de nenos de todas as razas participaron na película benéfica “Latas por la Paz” que se iniciou na cidade de Málaga realizada pola ONG ADMUNDI. O tema principal foi cantado por Pepe Begines.

  Nós no noso cole tamén decoramos latas e fixemos esculturas e música con elas. Podes ver as fotos premendo na lata ou ver o vídeo da canción premendo aquí.

Cancións para practicar coa frauta

Aquí tedes algunhas cancións de frauta para que practiquedes desde as vosas casas de xeito divertido. Escoitaredes o acompañamento e ao mesmo tempo leredes a partitura. Premede nos títulos das cancións.

SOMBRAS CHINESCAS.

RECUERDO.

EL HIMNO DE LA ALEGRÍA. Lembra que nesta canción aparece o RE' que se fai colocando a posición de DO' e quitando o dedo polgar de atrás.

DUÉRMETE.

  Se queredes practicar moitas outras bonitas e fáciles cancións, premede aquí. Se queredes aprender a letra dunha morea de cancións populares, premede en CANCIÓNS GALEGAS. Se queredes divertirvos, premede abaixo.