Vostede está aquíMúsica

Música


Who are we talking about?

Who are we talking about? Is a project taht 4th grade are doing with the CEIP Varela Buxán School.

De que estamos falando? É un proxecto que está levando a cabo o alumnado de 4º curso de Educación primaria xunto co alumnado de 5º e 6º do CEIP Varela Buxán, Lalín. En este proxecto temos que enviar pistas aos nosos compañeiros de Lalín coas que deberán acertar un personaxe relevante, ao mesmo tempo nos teremos que descubrir a súa personaxe, esperemos que o adiviñemos. A continuación podedes ver o blog tanto desles coma o noso coas primeiras pistas.

 

CEIP VARELA BUXÁN: (clicar en alumnado 5º/6º:

http://ceipvarelabuxanmusica.blogspot.com/ 

 

CEIP MESON DO VENTO:

http://mesondoventoardemil.blogspot.com/  

Palacio da Ópera

  O 20 de febreiro os alumnos de 1º e 2º fomos ao Palacio da Ópera en Coruña onde vimos "Los superhéroes sobrevuelan el palacio", un espectáculo musical co actor Ramiro Neira e o grupo "Los Mecánicos" disfrazados de tres superheroes moi especiais que lle fixeron recordar ao protagonista os momentos máis especiais da súa vida.

  O día 4 de abril foron os alumnos de Ed. Infantil quen foron alí e viron o espectáculo "Raices" co grupo DUAS que lles fixo un percorrido por diferentes instrumentos de percusión africanos. Para ver fotos, premede no logo.

SANTA CECILIA´S DAY IN MESON DO VENTO SCHOOL

On November 22 is Santa Cecilia, the patron saint of the musicians, for that reason, at the CEIP Meson do Vento, we celebrate this day dancing, playing and singing.

A mestra Rocío díxonos que o 22 de novembro é Santa Icía, a patroa dos músicos, e xa que todos os nenos do Mesón o somos, que mellor forma de celebralo que cunha pandeirada e muiñeira a cargo das nosas pandereteiras.

In the first video you can see a group of girls playing the tambourine and singing, this it is a typical group of traditional Galician music, called "pandereteiras".

Cantando e tocando a pandeireta:

https://www.youtube.com/watch?v=c3iiUNjyDY0 

In the second video we can see a typical dance of traditional  Galician music, called "muiñeira."

Bailando a muiñeira:

https://www.youtube.com/watch?v=K6iOwVPBx-g

Iván e o lobo gris

  Para celebrar como é debido o DÍA da PAZ, o mércores 30 de xaneiro tivemos o gusto de que nos acompañaran os mozos e mozas da aula de Habilidades Sociais para gozar doutra presentación de "Musicreques". Esta vez vimos a historia de Iván e o seu amigo o lobo gris na procura dun paxaro que lles comía as mazás. Que ben o pasamos! Preme na imaxe para ver algunha foto.

Aprendendo música de forma divertida

 

No seguinte enlace poderás xogar a atrapar as notas musicais, buscar figuras, tocar a frauta e mesmo adiviñar ritmos, cal de todas estas cousas se che da mellor? quérelo saber? pois preme no enlace e demostra o que sabes!!:)  

http://www.aprendomusica.com/lenguaje.html

Bandanza 2016

 O venres, 15 de abril, os nosos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria foron ao Auditorio de Santiago de Compostela para ver o espectáculo denominado BANDANZA, que consistía nunha serie de cancións de bailes de salón tocadas pola Banda Municipal e bailadas pola parella formada por Lucía Vázquez e Cristian García. Foi un gran espectáculo e pasámolo moi ben, aínda que chegáramos tarde a comer. Se queredes ver fotos, premede na imaxe.

¡Acábate la sopa! 2015

 O mércores 28 de outubro as clases de 1º a 4º de primaria fomos ao Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela a ver "¡Acábate la sopa!", unha obra onde a música xoga un papel moi importante. Logo chegamos un pouco xustos de tempo ao cole mortos de fame pero valeu a pena porque o caldo quente sóubonos como nunca!

Os Viqueiras 2015

 O 15 de maio viñeron ao cole  "Os Viqueiras"   para celebrar connosco as LETRAS GALEGAS.

  É un grupo moi famoso porque foi fundado hai moitos anos polo gran gaiteiro Manuel Viqueira (xa falecido) e ameniza innumerables festas da comarca. Hoxe, liderados por Manolo Viqueira fillo, continúan co seu infatigable labor de divulgar entre a xente o coñecemento dos nosos instrumentos e música tradicional

 

Día da Paz 2015

  O venres 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ no colexio.

  Todos os ciclos e departamentos (música, relixión, TIC, inglés ...) colaboramos. Os alumnos de Ed. Infantil fixeron unha morea de adornos e aprenderon cancións, Os de 1º ciclo traballaron sobre os xestos para a paz, os do 2º ciclo ensináronnos os ingredientes necesarios para facer unha receita de paz e os alumnos do 3º ciclo informáronnos a todos da vida e obra dos dous últimos premios nobel: Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi.

   Para rematar cantamos "Light a candle for peace".

O Crebanoces 2014

   O día 16 de maio, celebramos o DÍA das LETRAS GALEGAS no colexio cunha representación de títeres. A Asociación Musical "Monicreques" tróuxonos ao escenario do noso salón de actos unha recreación do famoso conto de Ernst Hoffmann "O crebanoces" no que os seus personaxes viaxan por diversos países, todo un pretexto para aprender algo novo ao mesmo tempo que  nos deleitabamos coa fermosa música de Tchaikovski.