Vostede está aquíMúsica

Música


Actividades MÚSICA 1º e 2º PRIMARIA (semana 20/04)

Que tal todo chicos, espero que estedes todos ben. Como xa sei que estaredes botando de menos as clases de música, jeje!! Vouvos a deixar unhas cousiñas de repaso, deixareivos sobre dúas semanas ata engadir algunha máis, para que non estedes agobiados e vos siga dando tempo a participar nos Ardemiro´s Games, que o estades facendo xenial.

Comezamos con unha canción en inglés   " SHAKE THE PAPAYA DOWN"  podedes clicar directamente no nome e xa accededes á canción.

 

Ademais continu8amos repasando as notas musicais, xa sei que no pentagrama da clase vos saía xenial asique espero que con este xogo de arrastrar as notas todos teñades a máxima puntuación:  XOGO NOTAS MUSICAIS

 

Por último déixovos uns patróns rítmicos para continuar repasandoos:  RITMOS MUSICAIS

 

Actividades MUSICA INFANTIL ( semana 20/04)

Ola a todos e todas, espero que estedes todos ben e dende a materia de música vouvos a deixar algunhas actividades, irei poñendo cada dúas semanas para uqe as poidades facer sen agobios e divertíndonos. 

Propóññovos facer o seguinte baile titulado " levantando las manos", clicades no nome e xa vos leva directamente ao enlace.

LEVANTANDO LAS MANOS

 

Ademais dese baile tan movidito déixovos unha canción que podedes practicar con todos os da casa:

CANCIÓN " LA CARRERA MUSICAL" 

 

Por último e non por iso menos importante, xa sei que tedes unhas maracas súper chulas feita nos Ardemiro´s Games, pois imos darlle uso acompañando a seguinte canción a ritmo de maraca:

 

ACOMPAÑAMOS A CANCIÓN COAS NOSAS MARACAS

Información actividades de música para INFANTIL e PRIMARIA

Ola a tod@s, gustaríame compartir con tod@s vós un vídeo gravado este fin de semana por varios membros da banda de música municipal de Silleda, a miña banda, que está  aparecendo en varios canais de televisión e internet, para que vexamos o valor da música aínda sen poder  estar xuntos.

A canción titúlase " resistiré" espero que vos dé máis enerxía aínda para afrontar estes días.

Unha vez escoitado, como tarefa para música, podedes apuntar nun papel qué instrumentos de vento madeira aparecen, recoñecedes algún instrumento de vento metal? E de percusión? 

Cando volvamos a clase xa analizamos as vosas respostas!!;D

VÍDEO "RESISTIRÉ"

 

 

 

 

Información música 5º e 6º de Educación Primaria

Ola a tod@s, dende música vouvos a deixar algúns xogos para que poidades repasar aspectos musicais.

Non vos esquezades de ir repasando a canción de frauta, aquí vos deixo o enlace por se non tedes a partitura na casa.

Canción frauta 5º:  piratas del caribe

Canción frauta 6º:  El rey león

Xogos de repaso dos instrumentos de percusión

Xogos de repaso dos instrumentos de vento

Xogos de repaso dos instrumentos de corda

 

O meu correo é: rslouzao@edu.xunta.es, se tedes calquera dúbida ou necesitades algo non dubidedes en contactar conmigo.

Coidádevos moito e vémonos á volta!!=)

Saúdos para tod@s!!

Información música 4º de Educación primaria

Ola a tod@s, dende música vouvos a deixar algúns xogos para que poidades repasar aspectos musicais.

Non vos esquezades de ir repasando a canción de frauta, aquí vos deixo o enlace por se non tedes a partitura na casa.

Canción frauta: Guateque

Xogo termos de tempo

Xogos musicais

O meu correo é: rslouzao@edu.xunta.es, se tedes calquera dúbida ou necesitades algo non dubidedes en contactar conmigo.

Coidádevos moito e vémonos á volta!!=)

Saúdos para tod@s!!

Información música 3º de Educación primaria

Ola a tod@s, dende música vouvos a deixar alguns xogos para que poidades pasar mellor estes días.

Acordádevos de repasar a canción de frauta os que a teñades na casa, aquí vos deixo o enlace para que poidades repasala:

Frauta 3º: "Un ratón me persigue"

Xogos musicais para entreternos

Xogo de ritmos musicais

O meu correo é: rslouzao@edu.xunta.es, se tedes calquera dúbida ou necesitades algo non dubidedes en contactar conmigo.

 

Coidádevos moito e vémonos á volta!!=)

Saúdos para tod@s!!

Información música 1º e 2º de Educación Primaria

Ola a tod@s, dende música vouvos a deixar algunha canción e xogos para continuar practicando as figuras musicais, as notas e os sons graves e agudos, seredes capaces de resolvelos? Seguro que sí, asique a intentalo!!=)

 

Coreografías musicais en INGLÉS: 

Así aprobeitamos a repasar as nosas seccións bilingües!!=)

Xogo de negras e corcheas:

En este xogo podes utilizar as palmas para levar o ritmo ao mesmo tempo que vas lendo as negras ( ta) ou corcheas (titi), ánimo e ensínalle a túa familia o ben que o fas!!;D

Sons graves e agudos

Xogo: atrapa as notas musicais 

O meu correo é: rslouzao@edu.xunta.es, se tedes calquera dúbida ou necesitades algo non dubidedes en contactar conmigo.

 

Coidarse moito e vémonos á volta.

Saúdos para tod@s!!=)

 

Información música infantil para estes días

Ola a tod@s, dende música vouvos a deixar algunha canción por se queredes facer cos nen@s e que sexan así algo máis levadeiros estes días.

O meu correo é rslouzao@edu.xunta.es, non dubidedes en contactar conmigo ante calquera dúbida ou se necesitades algo.

El cocodrilo Dante

Esto báilase así

Percusión corporal

 

Coidarse moito e vémonos á volta!!=)

Saudos para tod@s!!

Clases tradicionais impartidas polas alumnas de 5º na aula de música

Algunhas das nosas pandereteiras están a realizar un proxecto de música tradicional onde nos ensinan tanto bailes típicos coma instrumentos da nosa música galega, o outro día tocaronnos unha obra tradicional con pandeiretas e botella de anís. Ademais podedes ver a clase de baile tradicional que estivemos realizando con algúns pasos básicos. A seguir coa música galega así de ben!!!=)

 

Percusión corporal en 2º

Os alumnos e alumnas de 2º curso estiveron realizando percusión corporal na clase de música, para a próxima ide pensando os xestos que poderíades facer xa que sabedes que toca improvisación corporal!!!=)