Vostede está aquíFondo Solidario

Fondo Solidario


AXUDAS PARA COMPRAR LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Información no DOG do 20 de maio ou nesta ligazón.
As solicitudes presentaranse por vía electrónica nos formularios da aplicación Fondolibros (ligazón) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) ou no cole.
Podes descargar ou cubrir o FORMULARIO AQUÍ. O que escribas non se garda, hai que imprimilo.
As solicitudes hai que cubrilas por duplicado (cubrir unha e logo facer fotocopia) e con letras maiúsculas. Deberán estar asinadas polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumno

O prazo de presentación vai do 21 de maio ao 21 de xuño.

DATOS DO CENTRO
Tipo de centro: PÚBLICO
Denominación: CEIP MESÓN DO VENTO
Concello: ORDES
Código: 15011105
Fondo solidario de libros de texto: alumnado de 3º a 6º de EP.
Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de EP.

Axudas para adquirir material escolar: toda EP.

Renda per cápita familiar ata 5.400 €: 170 € (1º e 2º), 6 libros (3º a 6º) e 50 € para material.

Renda per cápita familiar desde 5.400, 01 € ata 9.000 €: 90 € (1º e 2º) ou 4 libros (3º a 6º). Para máis información preme en AXUDA para Libros.

Etiquetas