Skip to Content

ACTIVIDADE: "IMOS CANTAR AS XANEIRAS"

Este ano volvemos “ir cantar as xaneiras” ás parroquias de Meaño.
Hai días que son especiais na escola e sen dúbida este é un deles. Compartir canto, música e amizade con todas as veciñas e veciños de Meaño é unha regalía. Quere ser tamén un xeito de poñer en valor a nosa tradición e os tesouros que nela se acubillan.
Grazas a todas as persoas que nos acompañastes ao longo da mañá!
Felices festas! Os mellores desexos para o 2024!
 
 
descrición imaxe


novas | by Dr. Radut