Skip to Content

INFORMACIÓN: PARTICIPACIÓN NO CONGRESO INTERNACIONAL DE EDUCACIÓN INCLUSIVA

Nesta última semana de novembro, o CEIP As Covas-Meaño participou no Congreso Internacional de Educación Inclusiva, unha iniciativa respaldada pola Consellería de Educación e celebrada no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela.

Neste encontro expuxemos o concepto de inclusión arraigado no núcleo mesmo do noso proxecto educativo. Destacamos entre outras cousas, a importancia de crear un ambiente educativo onde a infancia se sinta respectada, valorizada e apoiada na súa viaxe persoal e académica.

Agradecemos á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa o convite e esperamos seguir sendo axentes activos de cambio e transformación no ámbito educativo do noso concello.

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut