Skip to Content

INFORMACIÓN: PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DO MINISTERIO "AGRUPACIONES CENTROS EDUCATIVOS"

Comprácenos anunciar que a nosa escola foi seleccionada polo Ministerio de Educación para participar na convocatoria "Agrupación de Centros Educativos" deste curso académico. Traballaremos en conxunto con escolas de Málaga, Leganés e Mallorca: CEIP Nosa Señora de Gracia, CEIP Trabenco e CEIP Son Basca. Estas tres institucións educativas comparten proxectos pedagóxicos e enfoques centrados na infancia cos cales identificámonos profundamente. Estamos seguros de que esta colaboración será mutuamente enriquecedora.

 

O obxectivo principal do programa é fomentar a colaboración entre os catro centros educativos, facilitar o intercambio de experiencias e recursos, e traballar na mellora da calidade da educación. Centraremos os nosos esforzos no ámbito da inclusión e a incorporación do Deseño Universal para Aprendizaxe.

 

Estamos ansiosas e ansiosos por recibir aos nosos colegas docentes das escolas mencionadas e tamén por coñecer e aprender das súas institucións. Cremos que esta experiencia será non só educativa, senón tamén inspiradora para afrontar os desafíos educativos do noso tempo.

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut