Skip to Content

ACTIVIDADE: ESCOLA DE FAMILIAS

Este venres, 20 de outubro, celebrarase a primeira xuntanza da Escola de Familias, un encontro mensual deseñado exclusivamente para nais, pais e titoras/es legais.

 

Oscar Páramos, psicólogo da Asociación Avante, será o encargado un curso máis de dirixir estas xuntanzas. Non só proporcionará orientación e información, senón tamén proporá temas de interese e fomentará debates construtivos. Quere ser este un espazo onde compartir opinións, aprender sobre a saúde e benestar das nenas e nenos, coñecer outras familias do colexio e moito máis.

 

Consideramos que a Escola de Familias é unha oportunidade única para fortalecer a nosa comunidade escolar, colaborar e aprender xuntos. Estades todas e todos convidadas/os a unirvos nesta primeira xuntanza. 

Animádevos a participar!

 

descrición imaxe


novas | by Dr. Radut