tel: 886 151 371 / email: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal / 42°26'36.1"N 8°46'48.1"W
Actividade: Festa dos Maios.
O pasado 28 de abril celebramos como todos os anos na escola a Festa dos Maios, unha actividade que trasladamos ao Monte da Toxa. Alí estiveron as nenas e nenos durante toda a mañá preparando e montando as estruturas que dan soporte ao maio. Ás 13:30 h recibimos a visita das familias que se quixeron achegar e todas/os xuntas/os cantamos as coplas musicais que caracterizan esta festa.
