Secretaría
Dende o 2 de marzo de 2015 e ata o 23 do mesmo mes, quedará aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso escolar 2015-2016. Aqueles interesados/as deberán entregar na secretaría do centro, debidamente cumplimentados, os Anexo II e Anexo A que se axuntan. Tamén está a disposición a orde que regula dito procedemento, a resolución do sorteo das letras dos apelidos do alumnado para o caso de que haxa un empate na baremación (sempre e cando haxa máis solicitantes que prazas) e o número de prazas vacantes para dito curso. Para calquera dúbida contactar coa secretaría do centro.
Ábrese o prazo, ata o vindeiro 15 de febreiro, para que o alumnado de 6º de primaria interesado en reservar praza no centro adscrito I.E.S. de Meaño (Dena) para o vindeiro curso escolar 2015-2016, o fagan presentando na Secretaría do CEIP As Covas de Meaño o Anexo I debidamente cumprimentado da ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos. (Ver adxuntos)
Do 2 de xuño ao 2 de xullo, ábrese o prazo de solicitude de axudas para os libros de texto de cara ao vindeiro curso. Para optar a elas, hai que presentar o anexo debidamente cumprimentado dentro do prazo citado. Para máis información dirixirse á secretaría do centro. (Axúntanse anexo de solicitude e a orde do DOGA con toda a información).
Publicación no arquivo axunto da listaxe provisional de admitidos para o vindeiro curso 2012-2013, unha vez rematado o prazo de admisión. Queda aberto o prazo de reclamación do 26 ao 30 de abril de 2012. Non superado o número de prazas, todas as solicitudes recibidas foron admitidas.
Abriuse o prazo para solicitar a participación do alumnado de sexto curso, que o desexe, nos campamentos de Inglés que organiza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
O prazo de inscrición remata o 7 de abril. (toda a información pódese atopar no arquivo adxunto).
A partir do 1 de marzo do presente ano, comeza o prazo para presentar a documentación de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso académico 2012/2013. Aqueles interesados/as que así o desexen, poderán recoller toda a documentación na secretaría do centro, ou descargala no archivo adxunto. O prazo de entrega rematará o 10 de abril.
