• AULA VIRTUAL

CEIP As Covas - Meaño

Inicio

Secretaría

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO LIBROS. CURSO 2016-2017

 

Ábrese o prazo, ata o 23 de xuño de 2016, de presentación de solicitudes de axudas para libros de texto, material escolar e participar no fondo de libros correspondentes ao curso 2016-2017. Este ano, como novidade, a participación farase a través dunha única solicitude (axúntase solicitude e normativa, tamén dispoñibles na dirección do centro):

 

·      Axuda libros de texto: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.

·      Axuda de material: Todo o alumnado de educación primaria.

·      Fondo libros: Alumnado de 3º e 4º de primaria (recórdase aos beneficiarios desta axuda, no presente curso 2015-2016, que deberán devolver os libros de texto en préstamo, en bo estado, durante a última semana do curso, para poder beneficiarse das diferentes axudas).

 

O alumnado de 5º e 6º de primaria disporán de libros dixitais incluídos no programa EDIXGAL.

 

Asignación de libros e contía das axudas

 

 1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º e 3º de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

 a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. – Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir: a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de texto. b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: catro (4) libros de texto. c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda. O importe máximo para cada libro complementario será de: 30 euros en EP e 35 euros en ESO.

 

2. A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, de 2º e 4º de ESO e para alumnado de EE será a seguinte: a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: EP (1º e 2º): 170 euros. ESO (2º e 4º): 180 euros. b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: EP (1º e 2º): 90 euros. ESO (2º e 4º): 104 euros. c) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar d) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso no que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.

 

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

Nota: O cálculo da renda per cápita resulta de sumar a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 445) dividido entre os integrantes da unidade familiar.

  • Secretaría
  • blogue de alberto
  • 2 adxuntos

ALUMNADO ADMITIDO E PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2016-2017

Achégase no axunto a listaxe do novo alumnado admitido para o vindeiro curso 2016 - 2017. Deberán formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño de 2016.

  • Secretaría
  • blogue de alberto
  • 3 adxuntos

PRAZO DE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2016-2017

   O vindeiro martes 1 de marzo, comeza o prazo para solicitar a admisión de novo alumnado para o vindeiro curso escolar 2016-2017. Deberá entregarse o anexo II e anexo A na secretaría do centro, en horario de 9.10h. a 10.00h., antes do 29 do mesmo mes. Os impresos poden descargarse dende esta web ou solicitarse na Secretaría.

  • Secretaría
  • 4 adxuntos

Novo prazo para Axudas de material 2015-2016.

Ábrese novo prazo para a petición de axudas para material do alumnado de educación primaria. Poderán acceder a elas as familias que non a solicitaron ou recibiron na primeira convocatoria, sémpre e cando teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 5400€. Axúntase convocatoria.

  • Secretaría
  • blogue de alberto
  • 1 adxunto

Listaxe libros de texto actualizada 2015-2016 (inclúe 4º de primaria).

  • Secretaría
  • 1 adxunto

Axudas material escolar 2015-2016

Ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o presente curso 2015-2016. As mesmas están destinadas ás familias con renda per cápita menor ou igual a 5400€ (declaración renda 2013). A solicitude pode ser cuberta e descargada neste enlace ou ben recollela na Secretaría do centro. O prazo de entrega remata o 1 de outubro do presente ano.

  • Secretaría
  • blogue de alberto
  • 2 adxuntos

Libros de texto e material curso 2015-2016

  • Secretaría
  • 1 adxunto

Listaxes definitivos de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto

Listaxes  definitivas de admitidos e excluídos no fondo solidario de libros de texto para o curso 2015-16. A recollida dos libros de texto adxudicados poderá facerse no mes de setembro.

  • Secretaría
  • 3 adxuntos

Convocatoria de axudas para adquisición e fondo solidario de libros de texto curso 2015-2016

Ábrese o prazo para presentar as solicitudes para adquisición de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016. Este ano hai dúas fórmulas de acceso ás mesmas:

·         adquisición de libros de texto (cursos 1º, 2ºe 4º de E.P.) : prazo aberto ata o 30 de xuño de 2015 (este último incluído).

·         fondo solidario de libros de texto (cursos 3º  de E.P.): prazo aberto ata o 1 de xullo de 2015 (incluído).

                                                                                                                                               Devolución de libros de texto.- Os libros de texto adquiridos con vale do curso 2014-2015 (axudas de libros) polo alumnado matriculado en 3º, 4º e 6º de Educación Primaria, terán que ser devoltos no centro, ben conservados, na semana do 15 ó 19 de xuño (ambos os dous incluídos) para formar parte dun banco de libros do centro.

Igualmente, aquelas familias que non fosen beneficiarias deste tipo de axudas e que voluntariamente desexen achegar ao centro os libros de texto de 3º, 4º, e 6º de Educación Primaria, poderán facelo.

 

Consecuencias da falta de devolución.- A falta de devolución dos libros de texto naqueles casos nos que exista a obriga de facelo, será causa de exclusión do fondo solidario de libros de texto e das convocatorias de axudas. Do mesmo xeito, a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida para todos aqueles casos nos que non conste a devolución dos libros adquiridos con cargo ao citado vale.

 

Cursos 5º e 6º.- Estes cursos inmersos no proxecto de libros dixitais EDIXGAL, non terán que pedir as axuda (ao non utilizar libros de texto), pero si no caso de 6º curso, devolver os libros que foran adxudicados mediante o vale  de axuda 2014-2015.

 

Para máis información, consultar as ordes que regulan o proceso da solicitude e adxudicación de axudas, as cales se anexan, onde tamén se poden atopar os anexos de solicitude ou na Secretaría do centro.

  • Secretaría
  • 3 adxuntos

Resolución proceso de admisión de alumnado 2015-2016

   Axúntase nos anexos, o alumnado admitido no presente proceso de admisión para o vindeiro curso 2015-2016. Tamén se naxuntan as vacantes resultantes para o vindeiro proceso de formalización de matrícula que terá lugar no mes de xuño de 2015.

  • Secretaría
  • 2 adxuntos
  • « primeira
  • ‹ anterior
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • seguinte ›
  • última »
Distribuir contido

O centro

  • O centro
  • Secretaría
  • Documentos
  • Organigrama
    • Equipo directivo
    • Profesorado
    • Consello escolar
  • Localización
  • Contacto

Novidades importantes

 

Plambe

Tele Coviña

Radio Coviña

Iniciar sesión

  • Solicitar un novo contrasinal