Secretaría
O vindeiro 1 de marzo iniciarase o período de admisión de novo alumnado para o curso 2018-2019. Data límite de entrega da documentación: 20 de marzo de 2018.
Os interesados/as poden facer a reserva:
- Directamente na web: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- Entregando o Anexo II na Secretaría do centro. Anéxase (tamén dispoñible na Secretaría).
O 1 de febreiro iníciase o período de reserva de matrícula en centros adscritos para o curso 2018-2019. Polo que o alumnado de sexto curso que o desexe, poderán facer a reserva no I.E.S. de Meaño. Data límite de entrega da documentación: 15 de febreiro de 2018.
Os interesados/as poden facer a reserva:
- Directamente na web: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ (Solicitudes)
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Entregando o Anexo I na Secretaría do centro. Anéxase (tamén dispoñible na Secretaría).
Ábrese o prazo para que as familias interesadas soliciten axudas de material escolar para o vindeiro curso 2017-2018. As interesadas deberán presentar o AnexoI na secretaría do centro antes do vindeiro 23 de xuño (axúntase como anexo, tamén se pode cubrir na rede na dirección http://sede.xunta.gal ou solicitando copia na Secretaría do centro). Axúntase tamén a orde de convocatoria da que saliantamos que poderán ser beneficiarios desta axuda aquelas familias cunha renta per cápita igual ou inferior a 5400€. A contía única a percibir, de3 ser o caso, será de 50€.
No axunto pódense consultar as prazas asignadas para novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2017-2018. Recordamos, aos e as interesados/as, que no mes de xuño terán que formalizar a matrícula, previa retirada do impreso na Secretaría do centro ou nesta páxina web.
Comeza o prazo, ATA O 20 DE ABRIL, para solicitar PLAN MADRUGA no Concello de Meaño para o próximo curso escolar 2017-2018. Os/as interesados/as deberán cubrir a solicitude que poden atopar na páxina web do concello (www.concellodemeano.com) ou nas oficinas municipais e remitila, vía e-mail culturaxuventude@concellodemeano.com ou presentándoas nas propias oficinas.
Máis información na nota axunta, enviada polo Concello.
Axúntase a listaxe definitiva de reserva de prazas no I.E.S. de Meaño (centro adscrito) para o vindeiro curso 2017-2018, na que debe figurar o alumnado de sexto curso do CEIP Plurilingüe de Meaño "As Covas" que fixo dita solicitude.
O vindeiro 1 de marzo iniciarase o período de admisión de novo alumnado para o curso 2017-2018. Data límite de entrega da documentación: 20 de marzo de 2017.
Os interesados/as poden facer a reserva:
- Directamente na web: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- Entregando o Anexo II na Secretaría do centro. Anéxase (tamén dispoñible na Secretaría).
O próximo 29 de novembro terá lugar a elección para a renovación parcial do Consello Escolar. Dita votación terá lugar en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00horas (horario proposto e aprobado pola Xunta Electoral). Están convocados a participar todos os pais, nais e titores/as legais do alumnado.
Nesta sección irase colgando toda a información relativa ao proceso. O censo de electores/as e demáis información publicarase no taboleiro da entrada principal do centro.
No seguinte axunto pódese atopar, por curso, o material solicitado ao alumnado para o vindeiro curso escolar 2016-2017.
O prazo de formalización de matrícula de cara ao vindeiro curso 2016-2017, será dende o 20 ao 30 de xuño de 2016. Deberán entregarse na secretaría do centro o impreso 3 de matrícula para infantil e primaria xunto coa documentación do alumnado (que inclúe petición transporte escolar, enquisa de lingua materna, autorización de utilización da imaxe do alumnado nas actividades dixitais do centro, autorización para excursións dentro do Concello). Nesta última inclúese a listaxe de documentación que terá que achegarse xunto coa documentación requerida. Toda a documentación poderá ser descargada dende esta páxina ou recollida na Secretaría do centro.
