Skip to Content

Secretaría

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2020-2021

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2020-21 ABERTO

 

Estimadas familias:

Entre o luns 11 e o luns 18 reábrese o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2020-21. O centro permanecerá aberto durante este período en horario de 10 a 13 h para a xestión e entrega do documento de admisión. Tamén é posible presentar a documentación na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Recomendamos chamar ou escribir previamente para concertar hora e aclarar posibles dúbidas.

Teléfono da escola: 886151371 

Correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal

NORMAS DE ACCESO AO CENTRO:

 

  • Acceder pola porta principal da escola respectando a distancia de seguridade de 2 metros.

  • Para acceder ao edificio timbrar e agardar turno segundo as indicacións de conserxería.

  • Recoméndase o uso de máscaras protectoras.

  • Utilizar o xel hidroalcólico antes de realizar a xestión administrativa.

 

O modelo de admisión requerido é MODELO ED550B. Recomendamos a vía telefónica para aclarar dúbidas ao respecto.

 

PRAZOS POSTERIORES ÁDMISIÓN:

 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremos: ata o 26 de maio 2020.

  • Listaxes provisionais alumnado admitido: 9 de xuño.

  • Listaxes definitivas: 26 de xuño.

  • Formalización da matrícula: 1 ao 10 de xullo.

TERCEIRO TRIMESTRE CURSO 2019-2020

Á COMUNIDADE ESCOLAR CEIP AS COVAS-MEAÑO.

Estimadas familias:

     O luns 27 de abril, a Consellería de Educación publicaba as instrucións relativas ao desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-20. En base a elas, á orde ministerial do 24 de abril e ao principio de autonomía pedagóxica contemplada na vixente lei de educación, o CEIP As Covas-Meaño informa á Comunidade Educativa do criterio de actuación decidido:

     A presente situación de excepcionalidade e confinamento racha co sentido de normalidade e regularidade do desarrollo da infancia. O principio básico de igualdade que rexe nas escolas públicas desaparece e obriga ás autoridades educativas a por en marcha un sistema de compensación que de ningunha maneira se pode definir como escola nin como educación infantil ou primaria.

     Ante isto, ante esta situación e os condicionantes de cada neno, cada nena e das súas familias, entendemos que o terceiro trimestre non pode perxudicar a avaliación final do alumnado. Este período actual “non presencial” só poderá ter un valor positivo para a cualificación do alumnado e adicarase a actividades relacionadas co repaso e afianzamento de aprendizaxes anteriores. Terá na súa esencia un carácter interdisciplinar e globalizado, ademais as propostas didácticas e plans de traballo propostos poderán ser flexibilizados coidando “non penalizar ou afectar ao benestar do alumnado, nin sobrecargalo de tarefas excesivas”.

     Ademais de todo isto, é preciso lembrar a importancia que cobran nestes  dous meses que quedan de curso manter hábitos e dinámicas de traballo, necesarias non só para a vida académica dos rapaces senón para o seu desarrollo persoal. Neste sentido queremos agradecer o labor e implicación das familias no seguimento e axuda das tarefas propostas dende a escola: Moitas grazas.

     Como xa saben, intentaremos manter un contacto máis estreito durante o tempo que dure o confinamento precisamente para aclarar dúbidas,  realizar preguntas, coñecer as vosas circunstancias persoais, poder falar cos nenos... En caso de precisar máis información poden poñerse tamén en contacto co equipo directivo do centro no 886151371 ou ben no correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal

Saúdos e moita saúde.

CEIP As Covas-Meaño

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

     O vindeiro 1 de marzo iniciarase o período de admisión de novo alumnado para o curso 2020-2021. Data límite de entrega da documentación: 20 de marzo de 2020.
 

 

  • Os interesados/as poden facer a reserva:

 

 

  • Entregando o Anexo II na Secretaría do centro. Anéxase (tamén dispoñible na Secretaría).

 

  • Documentación necesaria:
- Documento acreditativo da idade da alumna/o (DNI ou libro de familia).- Sentencia xudicial ou convenio regulador (de ser o caso).- Certificado oficial do expediente académico (en caso de admisión en 4º de infantil -3 anos- non é necesario).

 

 

As vacantes para o curso 2020/2021 son:

 

 

  Prazas por curso  Permanencias  Vacantes
4º Inf.  25 0 25
5º Inf. 25 17 8
6º Inf. 25 14 11
1º Pri. 25 14 11
2º Pri. 25 14 11
3º Pri. 25 19 6
4º Pri. 25 17 8
5º Pri. 25 20 5
6º Pri. 25 13 12

RESERVA MATRÍCULA EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2020-2021

     A partir de hoxe, e ata o 17 de febreiro de 2020, ábrese o prazo para que o alumnado de sexto curso presente solicitude de reserva de praza no IES de Meaño, de ser o caso, para o vindeiro curso 2020-2021. A reserva poderase facer a través de impreso escrito (facilitaráselle copia ao alumnado, tamén descargable nos adxuntos desta mensaxe), na sede electrónica coa chave365 ou na aplicación admisionalumnado da consellería (seguindo instrucións que se adxuntan).

Axudas para adquisición de material

Listaxe de axudas concedidas e excluídas para adquisición de material escolar. Para máis información, consultar na Secretaría do centro.

Axudas para material escolar 2019-2020

Dende hoxe ata o vindeiro 21 de xuño poderanse solicitar as axudas para material escolar do vindeiro curso 2019-2020. Os impresos estarán a disposición na secretaría do centro ou poderán descargarse dende este sitio (Anexos).

Tamén é posible tramitar as axudas a través das seguintes páxinas:

https//sede.xunta.gal

https://www.edu.xunta.es/fondolibros

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

       O vindeiro 1 de marzo iniciarase o período de admisión de novo alumnado para o curso 2019-2020. Data límite de entrega da documentación: 20 de marzo de 2019.

 

      Os interesados/as poden facer a reserva:

 

 

  • Entregando o Anexo II na Secretaría do centro. Anéxase (tamén dispoñible na Secretaría).

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018-2019

     O vindeiro martes 27 de novembro, terán lugar as eleccións parciais dos e das representantes ao Consello Escolar. No presente curso hai catro vacantes de representantes do sector de nais e pais,  tres de mestres e mestras e unha praza do persoal non docente. Neste apartado iremos colgando a información relativa ao proceso. Na entrada principal do centro está exposto o censo electoral dos pais e nais do alumnado.

Recollida de vales de axuda para material escolar 2018-2019

A partir do vindeiro luns 2 de xullo de 2018 e ata o venres da mesma semana, as familias que así o desexen poderán recoller os vales de axuda para material na secretaría do centro, en horario de 10 a 13:30. De non facelo, deberán retiralos en setembro do vindeiro curso.

Pódense consultar as solicitudes concedidas e excluídas no arquivo adxunto ou ben no taboleiro da entrada da escola.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Informamos que o período de  matrícula é do 20 ao 30 de xuño e que xa se poden recoller os impresos na secretaría do centro ou ben descargalos nesta páxina.

Distribuir contido


by Dr. Radut