ANPA: A Toxa
Presidente: Rafael Lores Padín
Vicepresidenta: Elena Rodiño Gomez
Secretario: Mª Sandra Concepción Escudeiro
Tesoureira: Isolina Domínguez Soto
Vocais:
- Mónica Rodiño Gomez
- Bea Gago Pulleiro
- Mª del Carmen Viñas Castelo
- Mª José González Vázquez
Representante C. Escolar: Mónica Rodiño Gomez
A A.N.P.A. xurde dende os inicios da escola cuns obxectivos claros como facer posible un plan de actividades extra-escolares para dar cobertura a todos os alumnos da escola e colaborar na educación e no proceso de aprendizaxe de todos os nenos e nenas do colexio, que xunto coas actividades do Concello e as propostas pola escola garanten unha formación cultural e deportiva do máis completo.
Ten como fin facer chegar a pais e nais o espectro cultural e educativo da nosa vila, como por exemplo manter unha boa comunicación coa escola e outras asociacións culturais, así como co Concello e os seus representantes.
Formalizou os estatutos e constituíuse definitivamente no curso 04-05 como organización, nela interveñen pais e nais da nosa escola, hoxe por hoxe hai asociados o 90 % de pais e nais.
Entre o ventallo de actividades propostas cara as familias están: saídas culturais, excursións, a visita por Nadal do Pai Noel.
De cara aos vindeiros anos desexamos colaborar no máximo posible coa educación dos rapaces e rapazas da nosa escola, e a axuda do profesorado da escola, pois son os nosos fillos e fillas o futuro do noso pobo.
Gazas a tod@s por colaborar.