tel: 886 151 371 / email: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal / 42°26'36.1"N 8°46'48.1"W
A.N.P.A. A Toxa
ANPA: A Toxa
Presidente: Rafael Lores Padín
Vicepresidenta: Elena Rodiño Gomez Secretario: Mª Sandra Concepción Escudeiro Tesoureira: Isolina Domínguez Soto Vocais: - Mónica Rodiño Gomez - Bea Gago Pulleiro - Mª del Carmen Viñas Castelo - Mª José González Vázquez Representante C. Escolar: Mónica Rodiño Gomez A A.N.P.A. xurde dende os inicios da escola cuns obxectivos claros como facer posible un plan de actividades extra-escolares para dar cobertura a todos os alumnos da escola e colaborar na educación e no proceso de aprendizaxe de todos os nenos e nenas do colexio, que xunto coas actividades do Concello e as propostas pola escola garanten unha formación cultural e deportiva do máis completo. Ten como fin facer chegar a pais e nais o espectro cultural e educativo da nosa vila, como por exemplo manter unha boa comunicación coa escola e outras asociacións culturais, así como co Concello e os seus representantes. Formalizou os estatutos e constituíuse definitivamente no curso 04-05 como organización, nela interveñen pais e nais da nosa escola, hoxe por hoxe hai asociados o 90 % de pais e nais. Entre o ventallo de actividades propostas cara as familias están: saídas culturais, excursións, a visita por Nadal do Pai Noel. De cara aos vindeiros anos desexamos colaborar no máximo posible coa educación dos rapaces e rapazas da nosa escola, e a axuda do profesorado da escola, pois son os nosos fillos e fillas o futuro do noso pobo. Gazas a tod@s por colaborar.