AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 2021-2022
Segundo orde publicada o 6 de maio de 2021, ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.
- O PRAZO PARA AS SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO ATA O 22 DE XUÑO DE 2021.
- As axudas están destinadas para o alumnado que cursará educación primaria (de 1º a 6º) durante o vindeiro curso 2020-2021.
- O alumnado que actualmente cursa 6º de primaria e fixo a solicitude de reserva para secundaria, deberán presentar a solicitude no centro de destino (consultar páxina web do centro). No caso do centro adscrito documentación e información dispoñible na páxina http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmeanho/ e no teléfono 886 15 13 67.
Como presentar a solicitude?
- Cubrila directamente en sede electrónica. (Procedemento ED330B)
- Descargar impreso na páxina web do centro ou sede electrónica para facer a xestión de forma presencial (tamén hai solicitudes a disposición na secretaría do centro aínda que recomendamos non cubrir o impreso na escola para respectar o distanciamento social).
Débese adxuntar copia do libro de familia, ademais da documentación complementaria segundo o caso (enlace)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Fondo libros Anexo I.pdf | 1.79 MB |