tel: 886 151 371 / email: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal / 42°26'36.1"N 8°46'48.1"W
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDO LIBROS. CURSO 2016-2017
Ábrese o prazo, ata o 23 de xuño de 2016, de presentación de solicitudes de axudas para libros de texto, material escolar e participar no fondo de libros correspondentes ao curso 2016-2017. Este ano, como novidade, a participación farase a través dunha única solicitude (axúntase solicitude e normativa, tamén dispoñibles na dirección do centro):
· Axuda libros de texto: alumnado de 1º e 2º de educación primaria.
· Axuda de material: Todo o alumnado de educación primaria.
· Fondo libros: Alumnado de 3º e 4º de primaria (recórdase aos beneficiarios desta axuda, no presente curso 2015-2016, que deberán devolver os libros de texto en préstamo, en bo estado, durante a última semana do curso, para poder beneficiarse das diferentes axudas).
O alumnado de 5º e 6º de primaria disporán de libros dixitais incluídos no programa EDIXGAL.
Asignación de libros e contía das axudas
1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP, e 1º e 3º de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:
a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.
b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda. – Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir: a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: seis (6) libros de texto. b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: catro (4) libros de texto. c) Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis (6) libros con independencia da renda. O importe máximo para cada libro complementario será de: 30 euros en EP e 35 euros en ESO.
2. A contía da axuda para adquirir libros de texto de 1º e 2º de EP, de 2º e 4º de ESO e para alumnado de EE será a seguinte: a) Para o alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros: EP (1º e 2º): 170 euros. ESO (2º e 4º): 180 euros. b) Para o alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 euros e igual ou inferior a 9.000 euros: EP (1º e 2º): 90 euros. ESO (2º e 4º): 104 euros. c) Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 250 euros con independencia da renda per cápita da unidade familiar d) Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso no que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP, ESO e EE con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros será de 50 euros. O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.
Nota: O cálculo da renda per cápita resulta de sumar a base impoñible xeral (recadro 430) e a base impoñible do aforro (recadro 445) dividido entre os integrantes da unidade familiar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DOG axudas libros e material.pdf | 1.04 MB |
Solicitude.pdf | 1017.88 KB |