blogue dealberto
Queda aberto o prazo de matrícula para novo alumnado ata o vindeiro 30 de xuño de 2022. Poderase entregar a documentación na Secretaría do centro. A documentación poderase descargar dende a web do centro (anexo a esta mensaxe) ou recoller na Secretaría da escola.
Dende hoxe e ata o 22 de xuño estará aberto o prazo para solicitar axudas para material escolar do alumnado de primaria. As solicitudes poderán presentarse na sede electrónica da Xunta, na aplicación Fondo libros ou na secretaría do centro, cubrindo o documento adxunto. A solicitude deberá ser asinada e presentada xunto a unha fotocopia do libro de familia e, de ser o caso, a sentenza de separación ou convenio regulador, certificado de discapacidade ou documentación acreditativa de ser vítima de violencia de xénero. Anéxase tamén a convocatoria para a súa consulta.
Estimadas familias:
Informámosvos que dende o vindeiro 1 de marzo e ata o 21 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2022-2023. A solicitude de praza deberase formalizar cubrindo o AnexoII (ED550B) que se achega como adxunto e entregalo na Secretaría do centro, ou ben utilizando algunha destas vías telemáticas:
- Aplicación Admisióndealumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- A través da sede electrónica: https://sede.xunta.gal/portada (ED550B)
Tamén haberá impresos á vosa disposición na secretaría do centro.
Recordamos que para aclarar calquera dúbida podedes dirixirvos a:
- Teléfono da escola: 886151371
- Correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal
Queda aberto o prazo de matrícula para novo alumnado ata o vindeiro 30 de xuño de 2021. Poderase entregar a documentación na Secretaría do centro. A documentación poderase descargar dende a web do centro (anexo a esta mensaxe) ou recoller na Secretaría da escola.
Segundo orde publicada o 6 de maio de 2021, ábrese o prazo para solicitar axudas de material escolar para o vindeiro curso 2021-2022.
- O PRAZO PARA AS SOLICITUDES ESTARÁ ABERTO ATA O 22 DE XUÑO DE 2021.
- As axudas están destinadas para o alumnado que cursará educación primaria (de 1º a 6º) durante o vindeiro curso 2020-2021.
- O alumnado que actualmente cursa 6º de primaria e fixo a solicitude de reserva para secundaria, deberán presentar a solicitude no centro de destino (consultar páxina web do centro). No caso do centro adscrito documentación e información dispoñible na páxina http://www.edu.xunta.gal/centros/iesmeanho/ e no teléfono 886 15 13 67.
Como presentar a solicitude?
- Cubrila directamente en sede electrónica. (Procedemento ED330B)
- Descargar impreso na páxina web do centro ou sede electrónica para facer a xestión de forma presencial (tamén hai solicitudes a disposición na secretaría do centro aínda que recomendamos non cubrir o impreso na escola para respectar o distanciamento social).
Débese adxuntar copia do libro de familia, ademais da documentación complementaria segundo o caso (enlace)
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022
Estimadas familias:
Informámosvos que dende o vindeiro luns 1 de marzo e ata o 22 de marzo, estará aberto o prazo de admisión para novo alumnado de cara ao vindeiro curso 2021-2022. A solicitude de praza deberase formalizar cubrindo o AnexoII (ED550B) que se achega como adxunto e entregalo na Secretaría do centro, ou ben utilizando algunha destas vías telemáticas:
- Aplicación Admisióndealumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
- A través da sede electrónica: https://sede.xunta.gal/portada (ED550B)
Tamén haberá impresos á vosa disposición na secretaría do centro.
Recordamos que para aclarar calquera dúbida podedes dirixirvos a:
- Teléfono da escola: 886151371
- Correo electrónico: ceip.meanho.ascovas@edu.xunta.gal
NORMAS DE ACCESO AO CENTRO:
- Acceder pola porta principal da escola respectando a distancia de seguridade de 2 metros.
- Para acceder ao edificio timbrar e agardar quenda segundo as indicacións de conserxería.
- Uso obrigado de máscaras protectoras.
- Utilizar o xel hidroalcólico antes de realizar a xestión administrativa.
Dende hoxe luns 16 e ata o 27 de novembro iníciase a tramitación do procedemento para a distribución de mascarillas entre o alumnado, segundo a ORDE do 6 de novembro.
-
O alumnado que se beneficiou da axuda de material escolar no actual curso NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.
-
Tamén poden acceder a esta axuda as familias que cumpran coas seguintes condicións:
- Familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado en tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Adxúntanse os anexos necesarios para a súa tramitación.
Ábrese o prazo para presentar a documentación para a matrícula de novo alumnado (curso 2020-2021). A documentación poderase retirar na Secretaría do centro ou descargar da propia web (Adxunto). O prazo estará aberto ata o vindeiro 10 de xullo (incluído).
Horario: 10:00 -13:00
UNHA VEZ REMATADO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA NOVO ALUMNADO, CURSO 2020 -2021:
- As listaxes de admitidos/as están publicadas no taboleiro da entrada a secretaría do colexio.
- En cumprimento da Lei de Protección de Datos estas listaxes non poderán ser visibles dende o exterior nin poden ser publicadas na web.
- Todo o alumnado que solicitou praza en 4º de infantil (3 anos) foi admitido ao non completarse o número total de vacantes.
- O prazo de matrícula será do 1 ao 10 de xullo. Poñerémonos en contacto con todas as familias para realizar este proceso.
