A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

ADMISION ALUMNADO 2020/21

LEXISLACIÓN APLICABLE
  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado (DOG, 26/12/2012).
  • Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG, 15/03/2013).
  • Corrección de erros publicada no DOG, 24 de abril de 2013.
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG, 01/02/2017).

1.- Para iniciar o proceso de admisión dun alumno/a deberán ter en conta o seguinte:

  • Presentación da solicitude de admisión segundo o Anexo II (procedemento ED550B), aprobado poa Orde do 25 de xaneiro de 2017, que será facilitada polo Centro ou que poden descargar directamente na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.

Prazo de presentación:

    • Telemática do 1 ao 20 de marzo.
    • No centro do 2 ao 23 de marzo (por ser o día 20 non lectivo no Centro).
  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar, relacionando nela, por orde de preferencia, os centros nos que solicita praza.
  • Dita solicitude irá acompañada de:
    • Copia do Libro de familia ou DNI do alumno/a.
    • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar no cado de denegar a consulta telemática.
    • Copia do certificado de empadroamento.
    • No caso de separación ou divorcio, será obrigatoria a sinatura de ambos proxenitores e a resolución xudicial correspondente (ou convenio regulador).
  • Se os pais/nais optan a unha praza para alumnado con N.E.E. achegarán a documentación pertinente.
  • No caso de que exista máis demanda que oferta, presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados, se fose requerida polo centro.
  • Toda a documentación deberá ser orixinal ou copia cotexada; bastará para iso o selo do centro.

2.- O alumnado que sexa admitido no Centro, ten garantida a súa permanencia nel ata a finalización das ensinanzas que se imparten no mesmo.

3.- O alumnado que queira trasladarse de centro, deberá presentar a solicitude de admisión no novo centro escolar e comunicalo no centro no que está cursando os estudos.

Powered by Drupal - Design by artinet