A nosa benvida ao CEIP Martagona                   

 

PROXECTO DE SAÚDE

Na seguinte entrada trátase de explicar o proxecto de saúde que levaremos a cabo no centro, o cal está vinculado á materia de Educación Física e que concorre ao abeiro do plan de vida activa e deportiva (resolución do 20 de maio de 2022; plan proxecta +), proxecto no que nos confirmaron a aceptación da nosa solicitude a pasada semana.

Tal e como recolle o artigo 35 do Decreto 155/2022, do 15 de setembro o centro ten a obriga de integrar o plan de saúde no marco do proxecto educativo de centro (artigo 121; LOMLOE). Dito plan terá como principal obxectivo a posta en marcha de mecanismos para introducir e consolidar hábitos de vida saudábeis. 

Nos meses de setembro e outubro levamos a cabo a avaliación inicial (orde do 20 de maio de 2022) a través de diferentes probas sociomotrices e tamén, de observación, as cales nos permitiron darlle forma e seleccionar as dinámicas que entendemos que son máis apropiadas segundo a situación deste centro en concreto.

 

As dinámicas que se levarán a cabo serán as seguintes:

  • Dinamización do proxecto “piEFcitos”: ambientarase a materia nun núcleo temático que está vinculado á área de ciencias sociais. Coñecerán de forma guiada as diferentes partes do territorio español a medida que avanzamos no traballo dos contidos psicomotores.
  • Participación no plan “Xogade”: esta modalidade está vinculada ao comunmente chamado “deporte escolar”. A proba na que se participará a día de hoxe é o campo a través que se celebrará o 2 de decembro en O Pino para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º.
  • Participación nas modalidades do PVAD: DAFIS, móvete + e, mais e mellor actividade física.
  • Gardas activas / descansos activos: as ausencias do profesorado que teña que cubrir o docente de Educación Física, alternaremos o traballo indicado polo docente ausente con breves descansos psicomotores (4 minutos) co obxectivo de activar cognitivamente ao alumnado, tratando de estimular o hipocampo cerebral para minimizar os momentos de desconcentración.
  • Xornadas de convivencia: están previstas xornadas nas que os centros de Melide desfruten de actividades lúdicas de forma conxunta. Ao ser a primeira vez que se tratan de pór en marcha, serán levadas a cabo cos cursos altos, coa intención de que nos vindeiros anos se poida ampliar a máis niveis.
  • Visitas inclusivas: concertaranse visitas ao centro por parte de persoas vinculadas a diferentes modalidades deportivas. Para comezar, o vindeiro 13 de decembro estará connosco Álex Ferradás, membro da asociación “Working Wheels” (asociación cultural que traballa pola integración social e a accesibilidade). Teremos unha xornada de deporte inclusivo na que o alumnado experimentará situacións propias de persoas con determinados graos de discapacidade.
  • Xogos de primavera: levaranse a cabo campionatos deportivos sempre que o tempo acompañe, tratando de fomentar a práctica de diferentes modalidades deportivas (dance revolution, twincon, fut-béisbol, campo a través, 3x3 basket, pickleball, etc.).
  • Cesión de material nos recreos: procederemos á cesión de diverso material nos períodos de ocio, tratando de aumentar as posibilidades lúdicas do alumnado. Cada ciclo disporá dunha caixa con material variado para empregar en función dos seus intereses. Ademais, na zona do “porche” habilitaranse actividades de rol (“dobble”, xogo de cartas “uno”, “twister”, “mikados”, “jenga”, etc. ). Un día á semana o alumnado de 5º e 6º poderá facer uso da sala de informática, tal e como veñen facendo dende inicio de curso.
  • Corpo en movemento: nesta caso trataranse de inculcar hábitos fóra do centro educativo, polo que promoveremos a práctica deportiva con accións ligadas ao proxecto “piEFcitos”.

 

Imaxe 1: Exemplo de alumnado realizando actividade deportiva fóra do centro.

(Ver imaxe adxunta 1)

  • Almorzos saudables / venres saudables: Unha das estratexias máis próxima a vostedes (no caso de querer participar, xa que é voluntaria), é a dinámica de almorzos saudables. Para que a implantación sexa coherente, dende o centro trataremos de instaurar unha guía de almorzo e hábitos beneficiosos para o noso organismo, elaborada por Carmen Piernas e Juanjo Pérez Soto, profesionais nos ámbitos de epidemioloxía, nutrición e actividade física. 

Dita guía propón un almorzo fundamentado en comida real e saudábel, e á vez, algunhas pautas beneficiosas para a saúde fóra do centro educativo. Esta dinámica do proxecto consiste en que un día á semana (os venres) o alumnado prepare o seu almorzo cumprindo unhas pautas básicas de selección e variedade de alimentos. A guía de referencia é a seguinte:

 

Imaxe 2: Guía de almorzo saudábel.

(Ver imaxe adxunta 2)

 

Dende a titoría, levarase a cabo un sistema de puntuación diario, o cal se poderá ver na cortizas de educación física colocadas no ximnasio. Finalmente, cada mes, elaboraranse unhas clasificacións por clases tratando de buscar a motivación no alumnado.

Na seguinte imaxe poden ver algún exemplo de alumnado doutros anos:

 

Imaxe 3: Exemplos de almorzos saudábeis.

(Ver imaxe adxunta 3)

Nos seguintes enlaces poden ver algún exemplo do que trataremos de levar a cabo, xa que esta iniciativa foi pioneira en centros de Murcia.

Enlaces: 

 

Independentemente do tratado aquí, o almorzo pode ser todo o sinxelo que vostedes consideren, baseándose en froita, por exemplo, sen necesidade de maior complicación. Vólvese a incidir en que é algo voluntario.

 

  • Outras dinámicas: calquera argumento terase en consideración para aumentar os momentos de actividade física.

 

Imaxe 4: Exemplos de outras propostas.

(Ver imaxe adxunta 4)

 

Recalcar que calquera iniciativa que se leve a cabo fóra do centro terán rango de actividade complementaria, polo que segundo o artigo 69 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, teñen carácter voluntario. Isto quere dicir que non son avaliables, aínda que obviamente sempre que beneficie ao alumnado formarán parte do apartado tipificado como “actitude/disposición á práctica física-deportiva”.

 

O único obxectivo deste plan de saúde será empregar a actividade física como fármaco preventivo.

 

Grazas pola súa colaboración.

 

SAMAÍN 2022

Este pasado venres 28 de outubro celebrouse o Samaín no noso centro. Cada grupo de alumnos/as desfrutou dunha festa de animación de 45 minutos de duración. 

Premendo AQUÍ podes ver algunha das imaxes dese día.

Ademais disto, contamos coa participación de varias nais da ANPA que maquillaron ao alumnado antes de ir á festa. Agradecer o seu esforzo xa que estiveron durante varias horas desempeñando esta labor, cooperando na dinamización do Samaín. Incluso tiveron un detalle moi doce que os nenos e nenas agradeceron moito. Moitas grazas!

DIA DA BIBLIOTECA

 

24 de outubro celebrouse o DIA DA BIBLIOTECA no noso Centro, o CEIP Martagona.

 

Este curso contamos coa axuda da nai dunha nena de 2º de Educación Primaria, Yenifer, que se ofreceu a vir contar o conto "Os tres porquiños e lobo famento" ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria. Estas son algunhas fotos:

   

 

Ademais, para o resto do alumnado de Educación Primaria, elaborou un conxunto de preguntas curiosas e interesantes sobre as bibliotecas do mundo. Os nenos e nenas aprenderon datos novos que lles chamaron moito a atención e disfrutaron do modo agradable e sumamente didáctico da sesión plantexada.

 

   

 

 

   

 

Moitas grazas a Yeni pola súa colaboración e ao equipo de biblioteca pola organización!!!

2º cheque para material escolar

Segundo a Resolución do 5 de outubro de 2022, publicada no DOG o 14 de outubro, amplíase a axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que o alumnado que foi beneficiario do vale de 50 euros recibirá un vale adicional de 25 euros.

As familias poderán recoller os vales dos seus fillos e fillas no Centro, no seguinte horario:

 

  • os martes, de 12:05 a 12:55 horas.
  • os mércores, de 8:45 a 9:30 horas.
  • todos os días, agás o venres, de 13:50 a 14:00 horas.

Horario Equipo Directivo

O horario do Equipo Directivo é o que aparece recollido no seguinte cadro. Prégase acudir ao centro para realizar calquera xestión nas horas indicadas.

INICIO DE CURSO 2022/2023

Estimadas familias,

 

O equipo docente do CEIP Martagona quere darvos a benvida a este novo curso académico desexando un bo transcurso do mesmo.

 

Un cordial saúdo.

 

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O VINDEIRO CURSO ACADÉMICO

Achégase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso académico. Premede na imaxe para descargalo.

 

ANDAINA SOLIDARIA

O 22 de xuño, último día de clase, realizamos unha andaina solidaria pola contorna co obxectivo de recadar fondos a favor do pobo ucraíno.

O equipo docente do CEIP Martagona quere dar as GRAZAS á totalidade de familias, pois entre todos recadamos 446.08 euros, que serán transferidos á conta da Asociación Galega de Axuda a Ucraína.

                                                 

APERTURA DO PRAZO ORDINARIO PARA A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Apertura do prazo ordinario para a formalización de matrícula, entre o 20 e o 30 de xuño.

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Na ORDE do 29 de abril de 2022 ( DOG nº 95 do mércores 18 de maio) regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e convócanse axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Ed. Primaria, ESO e EE.

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ( 19 de maio) e rematará o martes, día 22 de xuño de 2022.  

Pódese facer:

Powered by Drupal - Design by artinet