Skip to Content

O noso alumnado

INFORMACIÓN IMPORTANTE COMEDOR ESCOLAR 2020-2021

Prezadas familias,

No seguinte enlace tedes información importante sobre o comedor escolar do vindeiro curso 2020-2021:

http://www.anpaxanela.es/2020/08/aviso-comedor-curso-2020-21.html

CREACIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

O noso alumnado traballou na creación de instrumentos musicais con material de refugallo, mirade que artistas!! Moitas grazas ás mestras de Educación Musical Lara e Malena por esta fermosa inciativa!!

 

NORABOA!! SODES UNS CAMPIÓNS, A POLA SEGUINTE FASE!!

O alumnado de 4º e 6º de Educación Primaria participou nesta fermosa iniciativa promovida polas mestras de Lingua de Signos Bea C. e Bea R. Agardamos que vos guste!! A pola seguinte fase!!

 

RECOLLIDA DE MATERIAL ESCOLAR

Comunicamos a todas as familias que  esta semana comezará a entrega do material escolar do alumnado.  O profesorado  comunicará  ás familias o día e hora da recollida. 

Dada a excepcionalidade das circunstancias nas que nos atopamos é obrigatorio  establecer un protocolo de acceso ao centro.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO:

  • A atención será individualizada. Só se permitirá o acceso ao centro educativo  a unha soa persoa. A recomendación xeral é  non acudir con menores salvo excepción xustificada.
  • A espera realizarase no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e seguindo as indicacións expostas, xa que se limitará o aforo segundo a chegada.
  • Seguiranse as instrucións das autoridades sanitarias (obrigatorio o uso de mascarilla).
  • Permanecerase nas instalacións o tempo imprescindible para a recollida do material do alumnado.

As datas para que as familias poidades devolver os libros de texto do Fondo Solidario estableceranse próximamente. Lembrade que esta devolución é obrigatoria para poder percibir a axuda do Fondo Solidario do vindeiro curso 2020-2021.

Moitas grazas pola vosa colaboración!!

LETRAS GALEGAS 2020!!

O vindeiro domingo, 17 de maio, celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano adícase á figura de Ricardo Carvalho Calero. Durante este curso escolar, toda a comunidade educativa participou nas actividades e iniciativas propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo desta marabillosa participación!! Moitas grazas pola vosa colaboración e moitas grazas a Esteban, Coordinador do EDLG, pola súa excelente labor!!

 

DESENVOLVEMENTO DO 3º TRIMESTRE

En base á normativa publicada pola Consellería concernente ao desenvolvemento do 3º trimestre,  e trala reunión dos órganos colexiados do centro, comunicamos o seguinte:

  • Dáse por finalizado o curso escolar  de xeito presencial: isto implica que non se impartirá nova materia neste trimestre. A partir o luns 11 de maio as actividades que se farán chegar ao alumnado organizaranse, a criterio do nivel educativo, para repasar organizada e secuencialmente os contidos dados durante o primeiro e o segundo trimestre. As actividades serán de repaso, reforzo e/ou ampliación de aprendizaxes anteriores. Estas actividades intentarán contribuír a axudar ao alumnado que non adquiriu as aprendizaxes e competencias nos dous primeiros trimestres do curso e daqueles que teñan materias suspensas doutros cursos.
  • Avaliación: as probas de avaliación teñen que facerse sobre reforzo e ampliación de contidos e materia impartidos na primeira e segunda avaliación. Pódense avaliar contidos de repaso, reforzo ou ampliación da terceira avaliación.

          Trátase de que a medida de repetición sexa excepcional.

Para calquera dúbida podedes empregar o correo electrónico do centro ceip.maria.pita@edu.xunta.es ou o teléfono 981 292 235.

 

MOITO ÁNIMO!! TODO SAIRÁ BEN!!

TODO SAIRÁ BEN!!

 

Moitas grazas a Sergio por gravar este vídeo!! Dende que comezou o Estado de Alarma está a repartir os menús das bolsas de comedor na nosa escola. Grazas tamén a Graciela e as súas fillas por pintar esa fermosa obra de arte!!

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA!!

Hoxe, 28 de abril de 2020, celébrase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA. O noso colexio ía participar da man dos mestres de Educación Física nesta conmemoración pero haberá que agardar ao vindeiro curso para poder facelo. Mentres tanto PAULO, mestre de Educación Física, quere homenaxear a todos e todas os/as SUPERDEPORTISTAS do María Pita con este fermoso vídeo:

 

 

Na Aula Virtual tedes  recursos para celebrar esta data tan especial!!

DÍA DO LIBRO!!

Onte foi o DÍA DO LIBRO e para conmemorar esta data LAURA, a nosa coordinadora da Biblioteca elaborou este video con todas as achegas das familias e do profesorado. Moitas grazas a todos/as pola vosa colaboración!!

 

COMEZO DO 3º TRIMESTRE

Prezadas familias,

Agardamos que esteades ben ou o mellor posible despois dun mes de confinamento. Sabemos que está a ser duro pero tamén sabemos que o estades facendo moi ben e queremos pedirvos que continuedes así, con ánimo, con forza e con moita ilusión!!

Segundo as instrucións enviadas pola Consellería de Educación e o Servizo de Inspección Educativa na tarde de onte, o profesorado programou actividades de repaso ou reforzo para esta semana do 14 ao 17 de abril. Podedes acceder a estas tarefas a través da nosa AULA VIRTUAL  no apartado chamado 3º TRIMESTRE que aparece en cada curso.

 

Moitas grazas a nosa conserxe, Graciela, e as súas fillas por esta preciosa obra de arte!!

TODO SAIRÁ BEN!! #EUQUEDONACASA

Distribuir contido


by Dr. Radut