ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO DE SEXTO CURSO DE E. PRIMARIA

 

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Do 25 de xaneiro do 2017 (DOG nº 22) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao

 IES Ramón Otero Pedrayo

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.

3. As familias que no vindeiro curso 2018/19 desexen que os seus fillos cursen os estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 01 e 15 de febreiro , o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 25 de xaneiro de 2017). O alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao seu titor/a ou na Secretaría do colexio.

4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

5. Se prefiren que os seus fillos/as continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (1 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017) no IES da súa preferencia.

6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES a finais de xuño (confirmar no IES).

                                                                                               

AVISO: mañá, xoves 1 de febreiro ás 18:00h, terá lugar unha xornada de portas abertas para as familias do alumnado dos centros adscritos que cursan 6º EP e que teñen interese en coñecer o IES Ramón Otero Pedrayo de cara a escolarizalos no vindeiro curso en 1º de ESO.

 

 

                                               A Coruña, a 31 de xaneiro de 2018.

 

Formulario de admisión

Powered by Drupal - Design by artinet