TRANSPORTE ESCOLAR 2017-18

 

 IMPORTANTE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2017/2018

Estimadas familias:

Como Vdes. saben, o servizo de transporte escolar debe solicitarse cada ano.

O prazo de solicitude para que o alumnado do Centro poda facer uso do transporte durante o curso 2017-18 estará aberto entre o 18 e o 28 de abril, ambos inclusive. Non poderán admitirse novas solicitudes fóra deste prazo.

A non solicitude en tempo e forma implicará que o alumno/a non poderá utilizar o servizo no curso seguinte, aínda que se trate dun usuario lexítimo. As autorizacións excepcionais só teñen validez durante un curso.

Ademáis do impreso que leva cada alumno que actualmente utiliza o transporte, os impresos de solicitude poderán recollerse na conserxería, na secretaría do Centro e na páxina web.

As listaxes de alumnado admitido no servizo de transporte publicaranse antes do comezo das clases en setembro.

 

A DIRECCIÓN

SOLICITUDE

 

Powered by Drupal - Design by artinet