Skip to Content

30xan23. DIA DA PAZ.

Canta calma e tranquilidade respiramos todo o cole o 30 de xaneiro!

Non podía ser doutra maneira, xa que celebramos o DÍA DA PAZ.

Despois do recreo, xuntámonos para expresar as emocións que nos produce a paz.

E ademais fixemos de PINTORES!! Pintamos  na parede do parque, unha das palabras máis bonitas do noso diccionario: PAZ

Incrible non? Como unha palabra tan pequena pode levar tanto amor dentro.

E o momento máis divertido, a sesión de “photocall” no noso autobús hippie. Que divertido!!

Pero recordade, que a PAZ celébrase tódolos días, É a única que festa que non ten fin, pero si un final feliz.

     
   

25xan23. CARREIRA CAMPO A TRAVÉS. 4º, 5º e 6º

Na mañá do 25 de xaneiro, as alumnas e alumnos de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria, desprazámonos ao Estadio Municipal San Paio de Refoxos de Cee para participar na carreira de Campo a Través organizada dentro do programa da Xunta XOGADE (xogos galegos deportivos).

Desta vez o bo tempo acompañounos e desfrutamos dunha mañá de deporte con preto de oitocentos participantes de todos os centros educativos da zona.

     

 

10 xaneiro e 7 febreiro. CHARLA SEGURIDADE EN INTERNET. Pais e alumnos de 5º e 6º

PLAN DIRECTOR

O Plan Director consiste nunha charla por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado levadas a cabo no centro escolar, e que están dirixidas ás familias do alumnado do centro de 5º e 6º nivel de EP. Estas charlas informativas pretenden previr ou dar pautas para actuar sobre problemáticas da sociedade actual, e que puideran afectar aos nosos fillos/as.

Neste caso, a charla levada a cabo por un membro da Garda Civil que visitou o centro escolar, tratou sobre a prevención do uso das tecnoloxías da información e comunicación e uso de internet por parte do alumnado. Tamén abordou a prevención e detección do acoso escolar. Así, incidiu na importancia do fomento da resiliencia, da empatía e do principio de respecto á autoridade, así como de fomentar a práctica do deporte, a socialización con iguais, da comunicación, de durmir o necesario, en definitiva, de fomentar hábitos sans entre os nosos fillos/as, limitando o uso excesivo das pantallas.

 

Unhas semanas despois da charla cas familias, o 7 de febreiro, estas recomendacións trasladáronse ao alumnado de 5º e 6º nivel de Educación Primaria. Nela o Cabo Sergio, Garda Civil de profesión, e con ampla formación en informática, delitos asociados e psicoloxía, entre outras, informou e concienciou ao alumnado dos diferentes perigos do mal uso das redes sociais. Insistíu na importancia de adicar o tempo libre a socializar en persoa, non só por redes, quedar cos amigos/as para xogar, practicar deportes ao aire libre e ter un bó hábito de sono.

22 decembro. FESTIVAL DE NADAL

O pasado xoves 22 de decembro celebramos o Festival de Nadal con gran alegría despois de dos anos se poder facelo pola pandemia. Cada curso preparou un número:

Os de Infantil se marcaron un baile de ritmo latino que falaba de como adornar a árbore de Nadal.


En 1º prepararon un baile coa canción "Santa Claus rock", en inglés, con moito ritmo e mencionando as partes do corpo.

Os de 2º bailaron unha canción sobre o Apalpador, o noso "papá noel" galego.

3º currouse outro baile. Desta vez a música era un mix de populares cancións ben movidiñas das últimas décadas.

Os de 4º cantaron e bailaron "Xa non traen", unha versión do "Hang Up" de Madonna, cunha mensaxe reivindicativa: Por que os Reis Magos e Papá Noel condicionan os regalos ás notas?

5º preparou unha graciosa obriña teatral chamada "A aula de 5º". A peza estaba inxeniosamente chea de ocurrencias barbaridades. A gran pregunta quedou no aire: Será realmente así a clase de 5º? Ademais da obriña tamén bailaron o hit "All I Want for Christmas is You".

Os de 6º deleitaronnos cun Concerto de Ano Novo, que súa marcha Radesky e todo. Un pouco accidentado o concerto, pero no conxunto, un éxito total.

Antes de rematar tivemos a entrega de premios do concurso de postais de Nadal e do campionato de futbolín. As postais gañadoras foron as de Clara Delgado Llamas e ..... Os gañadores do campionato de futbolin foron: Diego e Juan (1º-2º), Joel e Ignacio (3º-4º), e ............

Rematou todo, como no, coa visita dos Reis Magos, que fixeron as delicias sobre todo dos mais pequenos e encheron os petos de todos con caramelos.

 

15dic22. VIDEOCONFERENCIA CON PAPA NOEL. EI

O xoves 15 de decembro tivemos unha videoconferencia moi especial con Papá Noel!

Camiñamos dende o colexio ata a aula CeMIT do noso concello. Alí falamos con Papá Noel e puidemos contarlle o ben que nos portamos e pedirlle algún agasallo para compartir cos nosos compañeiros do cole.

13 diciembre. EXCURSIÓN AO MUPEGA EN SANTIAGO. 5º e 6º

O pasado 13 de decembro os cursos de 5º e 6º fixemos unha visita ao Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), onde descubrimos como era a educación que se impartía nas escolas a finais do s.XIX e ó longo do s.XX. Que diferencia co que temos agora!

 
 
 

13dic22. OBRADOIRO SOBRE CONSUMO. EI e EP

 

Canto aprendemos o 13 de decembro sobre o consumo.

A publicidade engánanos, as imaxes bombardéanos.

Vivimos nun mundo onde cada vez consumimos máis e queremos máis.

E que pensades do boneco de neve que fixeron os nenos e nenas do cole?

Moi navideño!!

7 de decembro. EXCURSIÓN A SANTIAGO de 1º, 2º, 3º E 4º EP.

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria realizamos unha saída á cidade de Santiago de Compostela. Pola mañá, visitamos o Museo de Historia Natural da USC. e pola tarde, brincamos nas instalacións de NovaJump no centro comercial Area Central.

Un día inesquecible de aprendizaxe e diversión!

25 novembro: DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O 25 de novembro celebrouse no salón do Concello un acto en contra da violencia de xénero no que participaron os alumnos de 6º de todos os colexios da zona. Aquí tedes os nosos nenos:

 
 
 

21 outubro. CAMBIANDO O CONTO

Olalla Trillo, Integradora Social e Experta en coeducación afectivo-sexual e en intervención social ante a violencia de xénero impartiunos un obradoiro para visualizar os estereotipos de xénero.

            O obradoiro pretendeu crear unha actitude crítica entre o alumnado para cuestionar a realidade social onde viven. Que tamén cuestionen as crenzas estereotipadas de xénero e os roles que teñen interiorizados. Utilizouse o formato audiovisual para mostrar experimentos realizados sobre roles e estereotipos de xénero. Sobre estas visualizacións fomentouse a reflexión e o diálogo entre o alumnado e mostrouse que os estereotipos seguen todavía moi vixentes. Por último promoveuse a creatividade mediante a creación dun conto libre de estereotipos sexistas a partir dun conto tradicional.

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2022-2023

LISTAXES DEFINITIVAS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E LISTA DE LIBROS 2022/23

Infórmase que xa está exposto no taboloreiro do centro a listaxe definitiva de admitidos na participación de fondo libros, onde se especifican os libros que se recibe do fondo e os que hai que mercar.

 

Adxúntase ademais a lista de libros de infantil e primaria para o curso 2022/23.

O FARO 2021/22

PREME NA IMAXE PARA VER A REVISTA

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

INFÓRMASE QUE:

- Xa están publicadas, no taboleiro do colexio, as listaxes provisionais de persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario. (3º e 4º de EP). Prazo de reclamación: 2 días.

 

- Pódense recoller os cheques de axudas para adquirir libros de texto e material escolar (De 1º a 6ºEP) en horario de 10:00-12:00.

 

      Por outra banda, tamén están expostos no taboleiro do centro, a listaxe de libros para o vindeiro curso. Aqueles nenos/as que pasen para 3º e 4º de EP deberán esperar ás listaxes definitivas para mercar os libros necesarios.

COLABORACIÓN CON SAVE THE CHILDREN

Este ano, coa actividade dos marcapáxinas solidarios conseguimos recadar 833,14€!!! que irán destinados a mellorar a calidade de vida de moitos nenos e nenas e tamén a loitar para que todos/as podan gozar dos mesmos dereitos.

Grazas a tod@s!!!

 

 

ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E NAS AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

DATA LÍMITE PARA ENTREGAR SOLICITUDE: 22 de xuño.

DATA LÍMITE PARA DEVOLUCIÓN DE LIBROS: 22 de xuño.

DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:

No caso de que a situación familiar, a día 31 de decembro de 2020 non coincida coa reflectida no libro de familia, terá que presentar:

  • Sentenza xudicial de separación/divorcio ou convenio regulador da custodia.
  • Certificado ou volante de convivencia.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Preferiblemente por vía electrónica a través de fondolibros ou da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente no centro (A ser posible, a solicitude traerase impresa e cuberta da casa, xunto coa documentación solicitada), no seguinte horario:

            - Luns: 9:50-10:40
            - Mércores: 10:40 - 11:30
            - Venres: 13:10 - 14:00

 

Preme nos seguintes enlaces para obter máis información:

 

O alumando que promociona a E.S.O. deberán facelos trámites no instituto de destino.

CONVOCATORIA BOLSAS NEAE

 

O día 18 de maio de 2022 publicouse a convocatoria para solicitar axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Neste enlace pódese acceder á convocatoria e obter información resumida nesta ligazón.

Poderán solicitarse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

      As axudas para o curso 2022/2023 están dirixidas a persoas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe; Trastorno do espectro autista e altas capacidades.

     As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet neste enderezo , imprimir o formulario en formato pdf e presentalo no centro no que se vaian seguir estudos no curso 2022/2023.

ADMISIÓN ALUMNADO

Quedan publicadas as listaxes definitivas para a admisión do alumnado para o curso 2022/2023 no taboleiro que hai dentro do recinto escolar. Lembrámoslle que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

AUTOESTIMA

Distribuir contido


by Dr. Radut