Iniciar sesión: Acceso

Educación física

Hola

Educación física

Como facer que lles gusten as froitas

Os máis pequenos adoitan mostrarse remisos a consumir froita, a excepción do plátano, doada de pelar e de agradable sabor doce. Non obstante, débese fomentar o consumo de todo tipo de froitas, xa que hai certas vitaminas ou minerais que se encontran nunhas e non noutras. Así o plátano achega moito potasio, pero non obstante, ten un contido insignificante de vitamina C.

Máis froita para os nenos
Procura que comecen o día con froitas. Un vaso de zume de froitas, rebandas de plátano, ameixas ou amorodos, etc. Darán un enérxico e delicioso comezo ao día, e ofreceranlle ademais unha cantidade alta de fibra, máis vitaminas e minerais e nada de graxa.
Intenta que participen na compra e na cociña, na medida das súas posibilidades, para motivalos e ensinarlles a importancia de comer de todo. Os nenos e nenas poden axudarte a elaborar receitas de sorbetes, macedonias, batidos de froita e iogur, xelatina con froitas ou mesmo na preparación de copas deliciosas como esta; unha capa de puré de mazá cuberta con merengue azucrado, gratinada ao forno e decorada con labras de chocolate... Non haberá quen se resista!
É mellor que a froita sempre estea a man. As froitas pódense levar doadamente a todos os lugares e poden darlles unha rápida carga de sabor e enerxía en calquera momento. Mete na mochila, na guanteira do coche, etc. Unha mazá, unha laranxa, unha pera, ou porqué non, unha bolsiña de pasas ou albaricoques secos.
Na casa, coloca as froitas sempre á vista. Coloca as froitas nunha cunca sobre o mostrador da cociña. Asegúrate de que as froitas estean claramente visibles cando abran o refrixerador. Se as ven, é máis probable que as coman.

Engade froitas cortadas ou en puré a carnes e peixes. Por exemplo: lombo de porco con puré de mazá, peituga de pavo con piña, peixe espada á laranxa, etc.
Cambia a súa presentación para facelas máis apetecibles. Podes probar a presentar as froitas inseridas nun paíño a xeito de espetos, cortar unha mazá en cuadraditos xunto con amorodos en rodajitas, incluír unha palliña de cores nun zume...

 

Almorzos completos


Para empezar a xornada, necesitamos un almorzo completo e equilibrado. Para reforzar as defensas e achegar os nutrientes axeitados non hai nada mellor que comezar o día con enerxía e alimentos saudables. Se queremos deseñar un almorzo saudable para os nosos fillos, temos que pensar nunha correcta combinación de certos alimentos:


. Froita: que achegue vitaminas para fortalecer as súas defensas. Escolleremos froita sinxela de pelar e sen pebidas. O plátano, a mazá e a pera son froitas perfectas para engadir o almorzo. Outra opción son os zumes naturais de froitas.

. Hidratos de carbono: Os cereais integrais son a mellor opción, pan, galletas ou biscoito. Os alimentos integrais sempre serán máis completos e unha fonte de enerxía moi importante durante o crecemento.

. Lácteos: fundamentalmente leite e derivados como os iogures, se existen intolerancias ao leite de vaca usaremos produtos sen lactosa.

. Proteínas: Engadir unha pequena cantidade de proteína baixa en graxas como o xamón cocido, ou peituga de pavo é recomendable nos almorzos.

 

 

 

Distribuir contido