Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN 21-22

 ADMISIÓN ALUMNADO

TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO CEIP de MARCÓN PARA O VINDEIRO CURSO ESTÁ ADMITIDO

TODO O ALUMNADO QUE SOLICITOU PRAZA NO IES FREI MARTÍN SARMIENTO PARA O VINDEIRO CURSO ESTÁ ADMITIDO

 

 

Información do proceso de admisión para o vindeiro curso


NORMATIVA

 

 

Máis información no colexio, na web da Consellería ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

 


 

 PRAZOS

  Reserva de praza no IES Frei Martín Sarmiento: 11 xaneiro ao 8 de febreiro

 Anexo I: Formulario de reserva de praza

As familias do alumnado de 6º que desexe cursar 1º de ESO no IES Frei Martín Sarmiento presentarán no noso centro ou telemáticamente na aplicación “admisionalumnado”. (https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/32850) a solicitude de reserva de praza.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 26 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado

 

 

  Presentación da solicitude de admisión: Do 1 ao 22 de marzo.

 

 

 Impreso solicitude (galego)    

Impreso solicitude (castelán)   

 

 

Entregarase persoalmente no centro coa seguinte documentación:

  • Anexo II
  • Fotocopia do DNI do neno/a ou do libro de familia
  • De ser o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio

  Esta solicitude pode cumplimentarse en internet na aplicación“admisionalumnado” para logo entregalo no centro ou relaizar todo o proceso telemáticamente con certificado dixital ou coa Chave365

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

No caso de facelo presencialmente e querer facer constar varios centros por orde de preferencia, entregarase unha única solicitude no centro solicitado en primeiro lugar.

Presentar dúas solicitudes de admisión en centros distintos suporá a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponder.

Se un alumno actualmente matriculado no CEIP de Marcón presentase solicitude de admisión noutro centro distinto, deberá entregar na nosa Secretaría unha copia desa solicitude.

 

  Presentación da documentación para o baremo (no caso de ser necesario por haber máis solicitudes que prazas):Do 25 de marzo ao 12 de abril.

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/33314

 

  Publicación das listaxes provisionais de admitidos: antes do 26 de abril.

 

  Reclamacións: 5 días hábiles a partir do segundo despois da publicación provisional.

 

  Publicación das listaxes definitivas de admitidos: antes do 18 de maio.

   Formalización da matrícula:20 ao 30 de xuño.

 

         Documentación necesaria:

 

  • 2 fotografías tamaño carné
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria

 

 

Oferta de prazas

 

Etapa

Curso

Prazas ofertadas

Ed. Infantil

4º (3 anos)

22 +3 (N.E.E)

 

5º (4 anos)

13

 

6º (5 anos)

7

Ed. Primaria

10+3 (N.E.E)

 

12

 

3

 

5

 

0

 

2

 

 

Zona de influenza do centro

Parroquias de Marcón e Tomeza

ÁREA DE INFLUENCIA: Perímetro:  Oeste: Río dos Gafos  Sur: Límite do Concello de Vilaboa e da parroquia de A Canicouva (Lugares de Cacheiro e A Canicouva) que quedan fóra da zona de influencia do CEIP de Marcón  Leste: Concello de Pontecaldelas que queda fóra da zona de influencia do CEIP de Marcón  Norte: o Estrada PO-243 (Avda. do Marco) dende intersección co río dos Gafos ata intersección con Rúa Conde de Bugallal (beirarrúa sur) o Rúa Conde de Bugallal dende intersección con Avda. do Marco ata intersección con Rúa Poza da Barcia (beirarrúa leste) o Rúa Poza da Barcia (beirarrúa sur) o Final da Rúa Poza da Barcia ata intersección con Rúa Pereiras (beirarrúa sur). Zona proxectada polo PXOM pero aínda sen construír (ver mapa) o Rúa Pereiras dende o límite anterior ata intersección con Rúa Pedra do Lagarto (beirarrúa leste) o Rúa Pedra do Lagarto dende a intersección con Rúa Pereiras ata intersección con Rúa das Olivas (beirarrúa sur) o Rúa das Olivas (beirarrúa sur) o Estrada PO-532 (prolongación de Rúa Moldes) dende a intersección con Rúa das Olivas ata chegar ao Concello de Ponte Caldelas (excluído este Concello) (beirarrúa sur)  Adicionalmente, engádese a este perímetro os lugares de Peralba, A Barcia e A Cardosa pertencentes á parroquia de Marcón. ÁREAS LIMÍTROFES Son áreas limítrofes deste centro as zonas de influencia do CEIP de Cabanas, CEIP de Vilaverde-Mourente, CEIP Principe Felipe, CEIP Santo André de Xeve e CEIP Ponte Sampaio. Non se considera limítrofes os concellos de Vilaboa e Ponte Caldelas

IES ao que está adscrito o centro

IES Frei Martín Sarmiento

Servizos complementarios

Transporte escolar, comedor, plan madruga.

Actividades extraescolares organizadas por el ANPA.

 

 TELÉFONOS 

 

886151593

886151592

886151594

No DOG do xoves 20 de maio de 2021 saiu publicada a ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar (...) para o curso 2021/22.

  

 

RESUMO DA CONVOCATORIA:

 Beneficiarios e importe das axudas:

- Préstamo de libros de texto para alumnado de 3º e 4º de E Primaria (ao alumnado de 5º e 6º non lle corresponde, por estar incluídos no proxecto Edixgal):

Garantízanse un máximo de 6 libros en préstamo ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Garantízanse un máximo de 4 libros en préstamo ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

O alumnado con renda per cápita superior a 10.000 € só recibirá libros en préstamo cando haxa existencias suficientes no centro unha vez repartidos os dos parágrafos anteriores, e por orde inversa á renda familiar.

 - Axudas económicas para adquisición de libros para o alumnado de 1º e 2º de E Primaria:

Concederase axuda de 210 € ao alumnado con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

Concederase axuda de 140 € ao alumnado con renda per cápita entre 6.000 e 10.000 €.

- Axudas de 50 € para adquisición de material escolar

Son compatibles coas dúas anteriores e poden ser solicitadas por todo o alumnado de E. Primaria con renda per cápita familiar inferior a 6.000 €.

 

Requisito:

Para poder disfrutar destas axudas É IMPRESCINDIBLE ter entregados no colexio, a finais de xuño, os libros de texto prestados polo centro a principios deste curso EN BO ESTADO DE USO.

 

Renda per cápita:

renda per cápita familiar calcularase cos datos económicos do exercicio fiscal 2019 (sumando as casiñas 435 e 460 da declaración da renda 2019 e dividindo entre o número de membros computables a 31 de decembro de 2019).

 

Prazo:

O prazo para presentar as solicitudes remata o 22 de xuño de 2021.

 

Presentación:

As solicitudes cubriranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» e presentarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Documentación:

Por regra xeral presentarase a seguinte documentación:

  • Impreso de Solicitude (anexos I e II) de comprobación de datos dos membros da unidade familiar (un único impreso para todos os irmáns matriculados no centro se se presenta persoalmente na secretaría).

  • Fotocopia do libro de familia no que aparezan todos os membros da unidade familiar. (*)

  • No caso de separación ou divorcio: sentencia xudicial ou convenio regulador onde conste a custodia do menor. (*)

(*) Para casos particulares, consultar a convocatoria.

 

Máis información:

na Secretaría do Centro

na web da Consellería

ou na Sede Electrónica da Xunta

 

 


 

 

            

 

AdxuntoTamaño
Impreso formalización matrícula.pdf40.48 KB


page | by Dr. Radut