Orientación, Recursos, Para Pais/Nais, Para Profes

NOVO BLOG DE ORIENTACIÓN

00/00/
Array

O departamento de orientación está comezando a creación dun BLOG (Orientación VPortela) co fin de compartir información, recursos, actividades, asesorar no que se poda..., en fin tratar de axudar na labor educativa a toda a comunidade educativa do centro.


As suxerencias, opinións, críticas, aportacións... sempre serán ben recibidas. Participade. Fagamos un blog realmente de toda a comunidade.


A dirección do Blog é a seguinte:


 http://orientacionvidalportela.blogspot.com.es/


 

COMPOSICIÓN DEPARTAMENTO CURSO 2016-2017

20/04/2017 00:00
Atlantic/Bermuda

O Departamento de Orientación conta durante o curso escolar 2016-2017 coa seguinte composición:

Xefatura do departamento.................................. Miguel Anxo Carreira Carballal

 Profesora de PT................................................... Elvira García Sumay

 Profesora de AL .................................................. María Eugenia Torres Pérez

 Coordinadora de ed. infantil................................ Rosa M. Picallo Gómez 

 Coordinadora do 1º ciclo de ed. primaria............. Mª Carmen Parga Villaverde

 Coordinadora do 2º ciclo de ed. primaria............. Carmen Riádigos Otero

 Coordinador do 3º ciclo de ed. primaria................ Mª Alicia Muiños Sedano

OBXECTIVOS DO DEPARTAMENTO

  • Mellora-la organización e funcionamento do Departamento e actualiza-los recursos e materiais existentes.
  • Elaborar propostas para a súa aprobación pola CCP e incorporación ó PEC:
    • De carácter organizativo e pedagóxico para á atención á diversidade do alumnado
    • De mellora e implementación do plano de acción titorial.
  • Contribuir ó desenvolvemento do PAT.
  • Colaborar cos profesores/as e titores/as do centro na detección e prevención de problemas e na planificación e realización de actividades educativas e adaptacións curriculares.
  • Realizar as avaliacións psicopedagóxicas e o seguimento dos alumnos/as anteriormente diagnosticados.
  • Asesorar ós equipos docentes en aspectos psicopedagóxicos do PCC, criterios de avaliación e promoción e organización de medidas de atención á diversidade.
  • Coordinar a orientación educativa a tódolos niveis.
  • Impulsa-la formación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa.
  • Colaborar con outros organismos e institucións.
  • Promove-la cooperación entre o centro e as familias.
  • Facilitarlle ó alumnado apoio e asesoramento para a adsquisición de habilidades básicas da vida.
  • Unificar criterios de actuación.
  • Deseñar actividades para priorizar liñas de actuación.

ACCIÓNS PRIORITARIAS

00/00/
Array



Para este curso, seguindo as directrices da “Circular 10/2010” das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se dictan instruccións para unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación, propoñémonos levar a cabo as seguintes accións:


1)      Asesorar ao equipo directivo sobre o contido do proxecto educativo e os documentos que o integran (Medidas de atención á diversidade, Plan de acción titorial, Plan lector, Plan de convivencia, Plan de acollida do alumnado procedente do estranxeiro, Proxecto TIC…)


2)      Tendo como obxectivo a atención á toda a diversidade presente no centro e para avanzar na prevención e detección precoz de dificultades de aprendizaxe e na loita contra o fracaso escolar, traballaremos na identificación temperá de necesidades e na revisión ou modificación das medidas de apoio ou reforzo que estea a recibir cada alumno/a.


3)      Asesorar, por unha banda, ao profesorado nos procesos de axuste e desenvolvemento das concrecións curriculares, das programacións, das medidas contempladas no PAT, das medidas de reforzo educativo e nas adaptacións curriculares e ,por outra, a toda a comunidade educativa sobre as diferentes medidas e recursos para a atención do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, sobre o sistema educativo, os procesos de admisión, as accións de acollida, os cambios de centro e a participación na organización e no goberno dos centros.


4)      Propoñer accións que promocionen a convivencia e a resolución pacífica de conflictos.


5)      Reforza-la acción titorial nas aulas asesorando, colaborando e propoñendo actividades relacionadas coa aprendizaxe emocional, a dinámica de grupos e a igualdade real entre homes e mulleres.


6)      Incidir na lectoescritura, como base dos demáis aprendizaxes; para elo, ademais das propostas que se deseñarán no Plan lector, elaboraremos e proporcionaremos materiais cara a mellora da comprensión lectora dos nosos alumnos/as.


7)      Tentarase promover unha maior participación e implicación das familias na vida do centro e na educación das súas fillas e fillos.


 


 



Distribuir contido