PDI

Os viquingos en Dinamarca

Neste curso os alumnos e alumnas de quinto curso de primaria traballaron o PDI correspondente a este curso sobre o sistema de clasificación da CDU na biblioteca e o tema a tratar foi “OS VIQUINGOS EN DINAMARCA”.

Partiron das ideas que xa tiñan sobre a cultura viquinga:Eran guerreiros salvaxes.

  • Bos navegantes.
  • Saqueaban pobos e ciudades.
  • Fabricaban as súas armas.
  • Tiñan moitos deuses.

Posteriormente, adentrámonos sobre o  que querían saber sobre dita cultura :

  • Orixe e historia.
  • Vida social e clases.
  • Cultura.
  • Elección dos seus xefes.
  • Papel da muller , etc.

Entre as  ACTIVIDADES realizada cabe destacar as seguintes:

  • Búsqueda de información sobre os apartados e nomenclatura da CDU para encuadrar a historia dos viquingos.
  • Lectura de libros e revistas.
  • Pescuda de información en Internet.
  • Visionado de documentais e cortometraxes.
  • Documentación e xogos sobre os viquingos ( Libro “Erik y Harald, guerreros vikingos).
  • Reforzado co concurso de animación á lectura.
  • Elaboración de disfraces de viquingos ( Entroido) e as súas armas( espada, escudo …..).
  • Confección dun DRAKKAR ( barco de guerra  viquingo).
  • Elaboración de coplas para o asalto ao mosteiro.

A final de curso, fixemos unha exposición do traballo feito no corredor do colexio coa información obtida durante a  consecución deste proxecto.

A avaliación, tanto por parte dos alumnos como do titor sobre o proxecto,foi positiva.

O xardín dos deuses

Ao longo do presente curso traballamos dentro do aula de apoio o máxico e fascinante mundo da mitoloxía nórdica. Da man dos deuses acercámonos á mitoloxía e coñecemos diferentes historias de heroes e heroinas que foron transmitidos de pais a fillos desde a antigüidade. O proxecto realizado titulouse "O xardín dos deuses".

Os mitos amplían as fronteiras da nosa imaxinación e o noso pensamento. Inspírannos e anímannos a loitar para alcanzar os nosos sonos.

Os principais traballos realizados foron os seguintes:

  • No mes de outubro presentamos o noso PDI na biblioteca do centro cos seguintes traballos realizados no recanto fedelleiro da aula de apoio:

  • Fixemos un traballo de documentación sobre a mitoloxía. Con toda a informacion conseguida realizamos os seguintes traballos:

Libro web na que compilamos todos os recursos.
Presentación sobre os nove mundos.

  • Cos materiais recollidos na fase de documentación realizamos unha curta no recanto fedelleiro da nosa aula sobre os nove mundos da mitoloxía nórdica:

  • Por último, aplicamos unha metodoloxía gamificadora para avaliar as aprendizaxes conseguidas co programa enliña de Kahoot!

Gamificando as aprendizaxes e a comprensión lectora.

GALERÍA DE IMAXES

FROM ODENSE TO FUNABASHI

O alumnado de 4º E.P. aportou ao PDI de centro un proxecto no que unimos a cidade de Odense coa de Funabashi en Xapón, na que se encontra un parque adicado a Hans Christian Andersen. As dúas cidades están irmanadas grazas ao autor danés.

Co noso autobús da compañía CDU, collemos a liña 3 que percorre as ciencias sociais, a liña 8 que transita polas rúas da literatura, e a liña 9 que organiza as viaxes.

Esta asociación de Dinamarca co Xapón nos serve para complementar o proxecto da área de plástica nas sección bilingües adicada á artista Yayoi Kusama e Xapón.

O soldadiño de chumbo

Os nenos de terceiro  de Ed. Primaria realizamos no PDI de centro, un traballo sobre o conto: “EL SOLDADITO DE PLOMO” e as distintas CDU.

No primeiro trimestre pescudamos sobre a vida do autor Christian Andersen.

No segundo trimestre traballamos o conto e na semana do Entroido disfrazámonos de soldadiños e bailarinas.

No terceiro trimestre encadrámolo conto na súa correspondente CDU . A partir de aí traballamos o resto das CDU e fixemos un mural infográfico para o corredor do primeiro andar que serviu de información para toda a comunidade.

Destino Dinamarca...

De acordo ao P.D.I deste curso 2018/19 que se centra no coñecemento da CDU (clasificación decimal universal) dos libros para o seu ordenamento dentro das bibliotecas. E tendo como tema central para todos os cursos ao país de Dinamarca, a área de relixión traballou sobre as crenzas relixiosas do devandito país, desde os viquingos ata a actualidade e na procura de información do devandito país sobre a súa historia, cultura e relixión.

Para levar a cabo isto, comezouse visitando á biblioteca do colexio onde puideron coñecer as tarefas habituais que se realizan desde que se recibe un libro ao que se lle dá entrada rexistrándolle e asignándolle un número de rexistro, ata a súa ordenación e clasificación.

Destacando que estas labores son esenciais nunha biblioteca para facilitar o acceso aos seus materiais e que para iso faise uso da CDU a cal facilita a organización da biblioteca.

Tamén puideron ver que este sistema de clasificación divide á biblioteca en dez grandes agrupacións, numeradas do 0 ao 9 de distintas cores que son a categorización de cada bloque.

Posteriormente, buscaron e clasificaron de acordo a isto os libros que necesitaban para pescudar a información sobre relixión, como sobre a localización xeográfica, historia e cultura de Dinamarca.

Ao mesmo tempo, na aula o alumnado realizou unha exposición oral sobre a información recollida, axudados a través dun vídeo.

Durante o desenvolvemento desta tarefa púidose observar que todo o alumnado mostrou un bo grao de interese dialogando e reflexionando sobre a organización e ordenación do material bibliográfico.

Contos de Andersen

Ao longo do curso traballouse sobre Dinamarca, tema deste P.D.I.

  • No entroido disfrazáronse de fichas de Lego, invento dun danés.
  • Na aula traballáronse os contos de Andersen. De cada un deles procurouse extraer os valores que encerraban:
  • En “A princesa e o chícharo” (La princesa y el guisante) atopouse o valor da solidariedade, a bondade e o respeto. Tamén o inxenio, a caridade, a gratitude e o de non deixarse levar polas apariencias.
  • En “A nena dos mistos” (La niña de los fósforos) atopouse o valor da responsabilidade, a solidariedade, o respeto e a bondade.
  • No “Traxe novo do Emperador” (El traje nuevo del emperador) a verdade e a sinceridade. Tamén a inocencia dos nenos que sempre din a verdade.
  • En “Os cinco chícharos” (Los 5 guisantes en una vaina) apreciouse que o máis insignificante dos obsequios, por sinxelo e pequeño que sexa, pode lograr verdadeiros e asombrosos beneficios a quen os recibe.
  • No “Soldadiño de chumbo” (soldadito de Plomo) o valor do esforzo, da perseveranza, da superación  e sobre todo do poder do amor, incluso máis alá da norte.
  • Na “Sereiña” (Sirenita), o amor, a lealdade, a honestidade e unha mensaxe que ten que ver coa eternidade.
  • E no “Parruliño feo” (el patito feo), a aceptación personal e a necesidade de mellorar a autoestima: aprender a quererse tal como eres e buscar quen te valore e saiba contemplar a túa beleza.

Dinamarca: o país máis feliz do mundo.

O curso escolar 2018/2019, a aula de 6º de Educación Primaria decidiu centrar o seu traballo anual, dentro do PDI xeral do CEIP Manuel Sueiro “Dinamarca”, na temática centrada na seguinte afirmación “Dinamarca: o pais máis feliz do mundo”.

O porqué deste traballo integrado resúmese nas seguintes liñas centradas nas súas vantaxes, tales como:

  • Máis motivación. O alumnado alcanza unhas necesidades de rango superior.
  • Os membros dun equipo de traballo teñen a oportunidade de aplicar os seus coñecementos e competencias, e ser recoñecidos por iso, mesturando fortalezas complementarias.
  • Maior compromiso mellorando o desempeño.
  • Máis ideas.
  • Máis creatividade e a aprendizaxe.
  • Mellora a comunicación e reduce a tensión.
  • Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.

Traballamos os seguintes obxectivos:

  • Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
  • Establecer obxectivos comúns
  • Crear sentido de pertenza
  • Involucrar ao alumnado na toma de decisións
  • Buscar o entendemento entre partes
  • Impulsar a comunicación
  • Aproveitar a diversidade
  • Celebrar os éxitos do grupo
  • Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida

Ademais dos obxectivos, citados anteriormente, os cales se caracterizan polas características da metodoloxía centrada nos PDI (proxectos documentais integrados) os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integrado centrados na afirmación “Dinamarca: o pais máis feliz do mundo” son os seguintes: 
Obxectivos:

  • Achegar ao alumnado a existencia de diferentes culturas e os seus trazos característicos.
  • Fomentar a interculturalidade,
  • Desenvolver a imaxinación mediante a literatura infantil.
  • Fomentar o gusto pola lectura.
  • A implementación dos contidos relacionados co Patrimonio Cultural na cultura danesa.
  • A mellora do material didáctico relacionado coa capacitación do alumnado en materia da cultura danesa.
  • O fomento da formación no valor social, cultural, económico e identitario dos bens culturais de Dinamarca.
  • Contidos.
  • Cultura, socialización, fogar e familia, hospitalidade, democracia, igualdade e liberdade de expresión, estilo de vida, logros culturais e política cultural. 
  • Análise crítica dun texto, conto, libros,... uso das tics, uso de técnicas de recompilación de datos en socioloxía (entrevistas), elaboración de resumos, selección de información relevante...
  • Sentido crítico ante valores sociais dados, relativización dos patróns culturais, apertura ante novas formas de entender a relación entre as persoas de culturas diferentes,...

Competencias clave:

  • Competencia en comunicación lingüística: a través da análise de textos e elaboración dunha disertación.
  • Competencia dixital: procura de información na internet, elaboración dunha presentación a partir da “historia de vida en Dinamarca” que é a tarefa final. Elaboración de mapas conceptuais sobre o tema usando programas informáticos axeitados
  • Competencias sociais e cívicas: na análise da orixe social das diferenzas de xénero e a valoración persoal e crítica dos valores sociais que subxacen.
  • Competencia para aprender a aprender: Aplicación do estudado na aula a situacións cotiás e á súa experiencia persoal na relación entre homes e mulleres.
  • Sentido da iniciativa e o espírito emprendedor: organización persoal do traballo, autonomía na realización das actividades e a tarefa final proposta
  • Conciencia e expresións culturais, fai referencia a capacidade do alumando para apreciar a importancia da expresión a través da expresión cultural (música, artes plásticas, escénicas e a literatura).

As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:
 
1º trimestre:

  • Día 5 de outubro: actividade grupal para celebrar o encontro coa autora Leanne Rivera.
  • Día 24 de outubro: presentación do PDI da aula de 6º de Educación Primaria que leva por título “Dinamarca: pais máis feliz do mundo”.

2º trimestre:

  • Dende o  día 16 de xaneiro ata o día 12 de marzo realizáronse os obradoiros pola igualdade, sendo este un dos principios sociais indiscutibles na sociedade danesa.
  • Día 9 de febreiro: Entroido. A garda Real Danesa.

3º trimestre:

  • Caza do tesouro sobre Dinamarca.
  • Avaliación final a través do programa didáctico “Kahoot”

Como conclusión, destacar que cando as persoas traballan en equipo, é indiscutible que se melloran os resultados. A valoración do traballo en equipo foi en aumento ata o punto de pasar, dunha estratexia de motivación e de resolución de problemas, a darlles capacidade para tomar decisións, planificar e conducir os mesmos procesos dos que son protagonistas.

Hans Christian Andersen

Introdución.

O alumnado de 4º centrouse no estudo da CDU correspondente a biografías. Para o que  pescudamos na vida  e obra de Hans Christian Andersen.

O traballo comenzou cunha fotografía e descubrimos quen era a personaxe, o seu oficio, lugar de nacemento, etc. Utilizaremos libros de contos, enciclopedias, internet…

Os obxectivos previstos: coñecer a CDU de biografías, coñecer a CDU de xeografía, localizar Dinamarca en Europa, así como outros países deste continente, coñecer a vida e obra de Hans Christian Andersen foron alcanzados.

Fixemos unha entrevista ao autor. Despois de ler, comentar e afondar na biografía de Andersen o alumnado escolleu unhas preguntas e a súa resposta para facerlle.

Na aula de plástica  fixemos un gran mural con Hans Christian Andersen e as fotografías do alumnado de 4º ao seu redor, onde quedou reflectido o seu traballo.

Falamos de varios dos seus contos, xa coñecidos polo alumnado, e no Entroido o noso disfrace foi de Libro. Como non podía ser doutra maneira cada alumno levaba a portada dun conto del.

Como ampliación do estudo das biografías,  fixeron un traballo, por parellas. Biografías de mulleres cientificas que sendo descoñecidas ou casi, aportaron ou seguen aportando coñecementos e inventos, as vidas de todos nós. Utilizamos o libro Las Chicas son de Ciencias da editorial Montena:  Mileva Maric, Patricia Bath, Stefanie Kwolek, Inge Lehmam, Beulah Louise Henry.

Estos traballos foron expostos na aula e a cada alumno/a  chamoulle a atención unha personaxe  distinta.

La Sirenita

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Infantil traballou sobre o conto de "La Sirenita" no seu PDI.

Partiron do conto Hans Christian Andersen, para motivalos no traballo a realizar.

Resumimos a continuación as actividades realizadas ao longo do curso:

  • Lemos o conto na clase adaptándoo os distintas idades pois na mesma aula están escolarizados nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación  Infantil.
  • Coñeceron as súas personaxes , describíronas e os maiores axudaron os  mais pequenos tanto para contar o conto como para describir as distintas personaxes.
  • Debuxaron as personaxes principais os de cuarto de educación infantil pintáronnos e a medida que avanzou o curso tamén as debuxaron .
  • Utilizamos tamén o libro “Fauna e flora Mariña” para coñecer onde vivía a Sereiña, os distintos peixes , aprenderon os seus nomes en galego e debuxáronnos. Os máis pequenos pintaron os máis coñecidos e sinxelos.
  • Proxectamos na  aula imaxes do autor e do país onde naceu “Dinamarca” coñecendo algúns aspectos de ambos. Os nenos e nenas de sexto de educación infantil tamén situaron e pintaron Dinamarca nun mapa de Europa.
  • Os maiores da clase leron e escribiron os nomes das personaxes do conto e dos peixes que coñecemos a través do conto “Fauna e flora mariña” .
  • Presentaron o seu proxecto a principio de curso, o dia das bibliotecas, cos demais nenos e nenas do Colexio cun baile que ensaiamos na aula da película “La sirenita” de Disney.
  • Recortaron unha careta da personaxe” Sebastián” e unha diadema de flores para a  presentación do proxecto.
  • Axudaron a recortar  algunhas pezas para o disfrace do Entroido do colexio as nenas de
  • “Sirenita” e os nenos de rei “Tritón”.

 

Pasaxeiros con destino Dinamarca... última chamada!!

Durante este curso, 2018-2019, o Sueiriño VIII impregnou con tintes nórdicos todos os recantos e actividades do noso cole, co proxecto documenal integrado titulado:"Pasaxeiros con destino Dinamarca...última chamada!!".

Seguindo as directrices marcadas pola Asesoría de bibliotecas para este curso, e continuando coa mesma metodoloxía que en anos anteriores, decidimos dedicar o noso PDI a Dinamarca.

A nosa proposta presentou un proxecto cooperativo de todo o centro, que partindo da biblioteca, implicou ao alumnado por área, curso, etapa, a todos os membros do claustro, e involucrou a membros da comunidade educativa.

O traballo realizado por cada curso foi o seguinte:

4º, 5º e 6º de Ed. Infantil. 1º de Ed. Primaria.
2º de Ed. Primaria. 3º de Ed. Primaria.
4º de Ed. Primaria. 5º de Ed. Primaria.
6º de Ed. Primaria. Área de Relixión.
Língua inglesa. Seccións bilingües.
Aula de apoio. Aula de Ed. Física.


 

Distribuir contido