Skip to Content

5º Curso

Os viquingos en Dinamarca

Neste curso os alumnos e alumnas de quinto curso de primaria traballaron o PDI correspondente a este curso sobre o sistema de clasificación da CDU na biblioteca e o tema a tratar foi “OS VIQUINGOS EN DINAMARCA”.

Partiron das ideas que xa tiñan sobre a cultura viquinga:Eran guerreiros salvaxes.

  • Bos navegantes.
  • Saqueaban pobos e ciudades.
  • Fabricaban as súas armas.
  • Tiñan moitos deuses.

Posteriormente, adentrámonos sobre o  que querían saber sobre dita cultura :

  • Orixe e historia.
  • Vida social e clases.
  • Cultura.
  • Elección dos seus xefes.
  • Papel da muller , etc.

Entre as  ACTIVIDADES realizada cabe destacar as seguintes:

  • Búsqueda de información sobre os apartados e nomenclatura da CDU para encuadrar a historia dos viquingos.
  • Lectura de libros e revistas.
  • Pescuda de información en Internet.
  • Visionado de documentais e cortometraxes.
  • Documentación e xogos sobre os viquingos ( Libro “Erik y Harald, guerreros vikingos).
  • Reforzado co concurso de animación á lectura.
  • Elaboración de disfraces de viquingos ( Entroido) e as súas armas( espada, escudo …..).
  • Confección dun DRAKKAR ( barco de guerra  viquingo).
  • Elaboración de coplas para o asalto ao mosteiro.

A final de curso, fixemos unha exposición do traballo feito no corredor do colexio coa información obtida durante a  consecución deste proxecto.

A avaliación, tanto por parte dos alumnos como do titor sobre o proxecto,foi positiva.

Mochilas viaxeiras

Este curso continuaron funcionando as mochilas viaxeiras en todos os cursos de Ed. Primaria.

As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir.

Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila.

Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.

Como conclusión, destacar que ler en familia é unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Ademais, a lectura enriquece intelectualmente aos nenos, estimulando a súa imaxinación, a capacidade para resolver problemas, a memoria e a linguaxe, axúdalle a coñecer o mundo no que vive e impúlsalle a querer saber máis. Comentando as lecturas que facemos todos xuntos podemos reflexionar sobre o lido, os valores do libro infantil e xuvenil que escollésemos, explorando nosos propios sentimentos. É, en definitiva, unha axuda na educación dos nosos fillos, polo que é importante proporcionarlleao alumnado lecturas estimulantes, acompañalos no descubrimento do pracer da lectura, sendo un hábito moi saudable e cheo de beneficios.

Formación de usuarios

No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.

  • Escollemos contos adaptándoos ás distintas idades pois este curso están na mesma aula  nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.B
  • Buscamos o conto no andel correspondente, unha vez sentados, en orde e silencio, cóntaselles o conto ensinando as ilustracións.
  • Observan as ilustracións, buscando as distintas personaxes facendo comentarios e preguntas relacionadas co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista do conto, e outras personaxes do conto, e expresalo coas súas palabras, ás veces, os maiores axudan os máis pequenos.
  • Cada día devolve un neno/a o conto ao seu andel correspondente, revisando a profesora se o fai correctamente
  • Outras veces, elixen libremente cada un o seu conto, fan preguntas sobre o que máis lle chama a atención, contando ao final , cada neno e nena, o que mais lle gustou.
  • Ao finalizar, colocan o seu libro no andel correspondente coa axuda e supervisión da titora.

Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos  á aula.


 

En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:

  • Dedicaron un tempo a seguir coñecendo  a biblioteca, os usos e normas básicos que nela rexen.
  • Lembramos os distintos espazos da biblioteca.
  • Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2.
  • Fixemos unha exposición coas materias que aparecen nas distintas CDU das bibliotecas escolares.
  • Fíxemos xogos para colocar libros nas distintas CDU.
  • Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no tejuelo.
  • Realizamos diferentes exercicios co tejuelo.
  • Traballamos sobre as CDU das biografías a repasamos as sinaturas dos libros.
  • Asimilamos conceptos relacionados co dicionario: entrada, definición, abreviatura.
  • Buscamos nos andeis, polo CDU biografías de personaxes famosos: Gaudí, Miró, Cervantes…
  • Realizamos fichas de distintos libros.


 

Hora de ler en 5º de Ed. Primaria

Durante o presente curso18/19, levei a cabo o Plan lector na aula de 5º de Educación Primaria en coordinación co seu titor. O obxectivo primordial que plantexamos de cara a este curso, era potenciar a  competencia comunicativo-lingüística  como ferramenta facilitadora na adquisición do resto de aprendizaxes, ademais de optimizar a destreza na lectura e a escritura, aspectos fundamentais para desenvolver o gusto pola lectura e a capacidade de valorala criticamente.

Para acadar estes propósitos, na hora de ler, que se levou a cabo  todos os días de 12.00 a 12.20, traballamos os obxectivos que a continuación pasamos a comentar:

Obxectivos:

  • Mellorar a lectura en canto a: fluidez, velocidade, comprensión e expresión.
  • Dotar a lectura de funcionalidade, converténdoa nun medio facilitador das AVDS.
  • Optimizar o vocabulario.
  • Potenciar a  autonomía na  vida cotiá e nas relacións de grupo.
  • Afianzar valores (amizade, respecto…).
  • Favorecer a expresión plástica.
  • Mellorar as competencias comunicativo-lingüísticas.

Para acadar estes obxectivos, traballamos con dous manuais, un deles en lingua castelá; “Erik y Harald, Guerreros Vikingos” e outro en lingua galega; “O fío vermello”.

 

Unha vez rematada a lectura dos distintos manuais, levamos a cabo un concurso literario, con multitude de probas; preguntas curtas, de enumeración, de múltiple elección,... Nestes concursos os gañadores foron  agasallados co libro que se ía ler a continuación e con material escolar.

Ademais dos concursos literarios, un día a semana, os venres traballamos lectura funcional para facilitar aspectos da vida diaria, como pode ser; interpretación de facturas, carteleiras de cine, receitas, prospectos médicos, listaxes de anuncios de compra–venta, telefónicos,...

Neste sentido e buscando  a funcionalidade da lectura, tamén traballamos con manuais de maxia e na propia execución dos trucos, mediante o seguimento de instrucións.

Con este tipo de actividades, buscamos dotar de funcionalidade a lectura aproximándoa as súas realidades cotiás e tratando de espertar no noso alumnado interese e curiosidade polo súa contorna.

Por outro lado, o Plan Lector, estivo intímante relacionado co PDI da Biblioteca e aproveitando que o lema este curso era "Dinamarca", traballamos os Vikingos,  para iso partimos do que xa coñecían e adentrámonos no que querían saber, mediante documentais como;  “¿Quiénes eran los Vikingos?".

Neste sentido, levaron a cabo proxectos de expresión plástica, entre os cales destaco a construción dun Drakkar, escudos, espadas  e todo o vestiario que empregamos no entroido.  Dentro deste gran proxecto introducimos a lectura do libro comentado en liñas anteriores; “Erik y Harald, guerreros vikingos”, o cal conta con xogos e documentación, aspectos que favorecen a ampliación de coñecementos  e a resolución de curiosidades así como a propia motivación.

Ademais dos aspectos comentados en liñas anteriores, este curso, en coordinación co Equipo de Dinamización da lingua Galega, levamos a cabo unha dinámica para favorecer a expresión escrita na lingua galega, que consistiu no intercambio de cartas, vía correo ordinario, cos nenos  do CEIP Santiago Apóstolo de Franza de Mugardos.


Para lograr coordinar as distintas actividades entre os docentes que levamos a cabo o Plan Lector na aula de 5º, puxemos en marcha un caderno de rexistro de tarefas onde diariamente quedaba reflectido o traballo realizado en cada  sesión.

"Papá bolecha doa sangue"

A axencia ADOS de doazón de órganos e sangue realizou no noso centro unha campaña de difusión da súa labor coa entrega ao alumnado do libro dos bolechas “Papá bolecha doa sangue” para que o alumnado traballase a súa lectura na casa coa súa familia.

 

Primeiros auxilios

O 16 de maio o alumnado de 5º e 6º de Educación primaria participou nunha charla informativa de primeiros auxilios na que recibiron formación dos pasos a seguir para axudar a persoas feridas xa que en calquera momento nos pode xurdir unha situación na que a vida ou a integridade física doutra persoa depende de nós.

Moitas veces unha acción simple, feita no momento correcto e do xeito correcto, é suficiente para solucionalo. Na charla informáronos a actuar nestas ocasións. Practicamos técnicas esenciais de primeiros auxilios, dende a reanimación cardiopulmonar (RCP) ata a forma de mover adecuadamente a unha persoa ferida ou enferma.

Letras Galegas 2019

O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:

  • Visionado do vídeo da súa vida e obra realizado polos compañeiros do CPR Sa Pío X.
  • Representación da obra de Antón Fraguas "A pulga e o piollo" polo alumnado de Ed. Infantil.
  • Interpretación polo coro do cole das seguintes cancións:
  • Entrega de agasallos do concurso de fomento do emprego do Galego que organizou o EDL do Centro.

Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":

 

Saúde bucodental

O 10 de maio participamos nun obradoiro de hixiene bucodental realizado por un experto en saúde baixo a coordinación do Concello de Ourense.

Con esta actividade de saúde bucal, promovida polo Concello de Ourense, o que se busca é que o alumnado de Infantil e Primaria coñezan a importancia de preservar e manter unha hixiene oral adecuada, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan previr enfermidades orais máis tarde.

Na charla informativa, tamén nos explicaron como facer un correcto cepillado dos dentes, identificar as principais partes da boca, descubrir os inimigos da saúde bucal ou recoñecer e evitar os alimentos carigénicos.

Asemade, tamén descubrimos como o fluoruro aumenta a resistencia do esmalte e dos dentes e quen é o profesional que se encarga da súa saúde oral.

Visitounos a vaca LUCY e a PANDILLA LÁCTEA

O martes 7 de maio, o alumnado de Primaria e Ed. Infantil participou na actividade “Disfruta con Lucy e a pandilla láctea” que organizou o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) e respaldado pola Unión Europea.

Os obxectivos principais foron:

  • Promover hábitos e conductas saludables vinculadas ao consumo regular de leite e derivados lácteos entre os alumnos dos centros escolares.
  • Incrementar o coñecemento por parte dos alumnos acerca da cadea de produción de leite e productos lácteos, así como familiarizarlos cas actividades dos gandeiros no medio rural.

Primeiro, descubrimos quen é Lucy e como vive cun video moi divertido. Logo, unha especialista en nutrición informounos  do importante que é seguir unha dieta saludable xunto coa realización de exercicio físico. Asemade, falounos da importancia do leite e do seu proceso de transformación desde que é ordeñada ata que chega á noso mesa. Realizamos un xogo didáctico.

Pero non se trataba só dun obradoiro teórico, senón que, o alumnado e profesorado, temos a oportunidade de disfrutar de leite para a hora de lecer.

Esperamos que Lucy volva!!

Visita ao supermercado Gadis

O xoves 2 de maio, todo o alumnado e o profesorado do colexio fomos de visita ao supermercado Gadis, participamos dentro do programa alimentes (Alimentes é a aposta educativa, de Aligera tu vida e Gadis), onde se pretende fomentar os hábitos de consumo responsable e alimentación saudable dos máis pequenos a través de materiais didácticos adaptados ao currículo oficial de 2º Ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e de Castela e León e unha visita posterior ao super.

No supermercado explicáronnos as diferentes partes da pirámide de alimentos e fixemos unha ronda polas diferentes seccións do supermercado, a froitería, a panadería, a peixería, ...

Para rematar regaláronnos unhas bolsas ecolóxicas cun almorzo saludable (leite, mazá e auga), e para os que non tomamos leite tiñan almendoas e paramos no parque para descansar e retomar enerxias para o resto da xornada.

Foi estupendo!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut