Realidade aumentada

Saímos na Revista EDUGA deste trimestre (Nº 72)

Parte do traballo desenvolvido na Hora de ler deste curso, no noso cole, sae reflectido na prestixiosa Revista Galega de Educación deste trimestre (Nº 72) que edita a Consellería de Cultura, Educación e OU, cunha nova titulada "Iniciándonos nun PDI por medio de webquest". Dito artigo podémolo atopar no apartado de Innovación educativa.

Moitos parabéns para todos os participantes!!

 

Exposición con castañas 2016

Ao longo do mes de novembro poderedes visitar na entrada do cole a exposición de traballos manuais realizados polo alumnado coa axuda das súas familias... cada ano o alumnado e as súas familias se esforzan máis por achegar verdadeiras obras de arte á exposición.

Moitos parabéns a todos e todas!!!

Galería de imaxes da exposición  

 

 

Magosto 2016

O xoves 10 de novembro celebramos, no patio exterior do colexio, a festa do magosto a pesar de que a choiva estivo ameazando toda a mañá, aínda que non foi quen de impedirnos prender o lume para asar as protagonistas do día: as castañas. Estas, estiveron acompañadas, no menú, duns riquísimos chourizos preñados e dunha exquisita bica que nos trouxeron os membros da directiva da ANPA do colexio.

Para rematar, movemos o esquelete ao son da música que o alumnado solicitaba ao noso DJ particular.

Galería de imaxes do magosto    


 

A lenda da Lagoa de Antela

O alumnado de cuarto curso de educación primaria realizou unha Caza do Tesouro (entrar como convidado dúas veces para acceder) sobre a Lenda da Lagoa de Antela que traballou durante a Hora de ler. Como produto final realizou un cartaz con realidade aumentada.

Facédevos seguidores da conta de Aurasma do cole abrindo o código QR co móbil ou tablet e poderedes ver o que esconden os seus cartaces:

 GALERÍA DE IMAXES DA ACTIVIDADE

AUDIO GRAVADO PARA A REALIDADE AUMENTADA

Realidade aumentada na biblioteca

No CEIP Manuel Sueiro estamos experimentando coa realidade aumentada e buscándolle aplicacións educativas a estas apps que calquera pode descargar no seu móbil.

As imaxes que teñen realidade aumnetada na nosa web, e nos corredores do centro, levan no pé da imaxe unha  . Se queredes descubir o que hai detrás destas imaxes teredes que seguir os seguintes pasos:

  • Descargar a APP de Aurasma no voso móbil ou tablet e crear unha conta.
  • Enfocar cun lector de códigos QR o seguinte código e premer en "Follow". Así seredes seguidores do CEIP Manuel Sueiro e poderedes ver o que teñen escondido as nosas imaxes.
  • Estes pasos fanse unha vez e xa queda a App lista para sempre.

Para ver como funciona a realidade aumentada, probade a enfocar coa aplicación Aurasma do voso móbil as seguintes imaxes.

Parece máxico!!

Enfoca esta imaxe con Aurasma

 Celebración do Día da biblioteca 2016 

Enfoca esta imaxe con Aurasma

Exposición de calacús no Samaín 

Distribuir contido