Skip to Content

Escolares, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro, Ed. Musical

O meu primeiro principiño

No último trimestre de curso acercamos ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria ao que significa pertencer a un club de lectura.

Para elo, escollemos unha versión do Principiño adaptada para primeiros lectores. O libro titúlase “La historia del Principito” e está publicado pola editorial SM e nel aparecen ilustracións do libro orixinal.

Para acercar aos membros do club ao principiño, primeiro fixemos unha ambientación da obra e posteriormente explicamos a vida e obra do seu autor a través da seguinte presentación.

Durante os meses de abril e maio fomos realizando a lectura colectiva dos diferentes capítulos. Ao rematar cada capítulo recapitulabamos sobre o lido e iamos cubrindo a guía de lectura que elaboramos desde o equipo de biblioteca para facilitar a súa comprensión.

Unha vez rematada a lectura colectiva levaron o libro para as súas casas e compartir así a lectura final coas súas familias.

No mes de xuño realizamos un concurso de animación á lectura no que participou todo o alumnado de 1ºe 2º de educación primaria. Na galería de imaxes podedes observar o seu desenvolvemento. Fixemos 4 equipos de 5 compoñentes e o resultado final foi moi igualado xa que o coñecemento da trama do libro era moi completa.

Todas as personas participantes no club de lectura recibiron un pequeno agasallo cmo recoñecemento ao traballo realizado ao longo de todo o trimestre. Os equipos gañadores recibiron, a maiores, un diploma que pon e valor o seu coñecemento sobre o Principiño.

Por último, para rematar as sesións de lectura deste curso realizamos un kahoot! con preguntas sobre este libro onde a maioría do alumnado participou de forma individual.

Na última semana de curso realizamos un obradoiro STEM onde o alumnado se aproximou a creación de circuítos simples de electricidade. Algúns dos participantes optaron por realizar un circuíto de electricidade a partir dunha escena do libro.


RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O LIBRO


Club de lectura de 3º de Ed. primaria

Este ano, o alumnado de 3º de Ed. Primaria iniciouse na realización dun Club de lectura no que participaron todos os nenos e nenas do curso.

Nas seguintes ligazóns iremos reflectindo o traballo e as actividades desenvolvidas ao longo do curso neste Club de lectura e aos concursos de animación á lectura que se realizan unha vez rematada a lectura do libro:

 

Club de lectura de 5º de Ed. Primaria

Ao longo do curso 2022/2023 volveu a funcionar o Club de lectura de 5º de Ed. Primaria como unha sección máis do Club de lectura do Manuel Sueirio.

Os libros traballados foron os seguintes:

 

Recomendación lectoras verán 2023

Último día de clase

O último día de clase do curso 2022/2023 despedimos ao alumnado de 6º cas e a entrega de premios aos mellores traballos fotográfics do concurso do Día do medio ambiente.

  • Entrega de orlas ao alumnado de Ed. Infantil

  • Entrega de diplomas aos mellores lectores.

  • Entrega de diplomas e premios do concuros do Día do medio ambiente

 

  • Entrega de orlas ao alumnado de 6º de Ed. Primaria

  • Festas de fin de curso nas aulas

 

Vídeo resumo do curso 2022/2023

Vídeo resumo de actividades de Ed. Infantil do 3º trimestre

Resumo das actividades realizadas ao longo do terceiro trimestre en 4º de Ed. Infantil.

Kahoot sobre Mi primer Principito

Mi primer Principito...

 


RECURSOS EDUCATIVOS


We are artists!

 

É ben sabido que no Sueiro vainos o do artisteo. E ninguén que os máis peques do cole para amosalo ao mundo.

Non o puidemos pasar mellor pintando as bags, e tamén a roupa, o pelo, a cara, ..., tiñamos pintura por todas partes!

Nesas bags tan chulas deixamos claro que somos uns ARTISTS. Serviron para gardar as nosas obras de arte: sculptures, yellow submarines, flowers, ladybirds, toda a arte nas nosas bags.

Foi o mellor remate de curso despois do traballo ben feito, porque ...

WE ARE SIMPLY THE BEST!

Excursión a Allariz

O 13 de xuño o alumnado de Ed. Infantil e 1º de Ed. Primaria realizou unha excursión ao pobo de Allariz para visitar as instalacións da Asociación ANDREA no pobo de San Salvador e o picadeiro de REATUR no cámping de Os Invernadeiros.

No fermoso pobo de San Salvador o alumnado puido gozar dunha xornada de convivencia en compañía de 19 burros  dos cales as persoas responsables do seu coidado nos foron contando historias e curiosidades sobre a súa vida e quefacer diario.

No picadeiro de REATUR participamos nunha actividade de equitación montando todo o alumnado e parte do profesorado nos tres ponis que nos acompañaron ao longo da mañá.

O xantar realizámolo nun novo parque de Allariz que ten a característica de estar cuberto, o que permite o uso das súas instalacións os días de choiva.

Nas imaxes da galería podedes ver o ben que o pasamos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut