Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
Visita da Apalpadora |
O 20 de decembro, grazas á colaboración e financiación da ANPA Limiar do noso cole, tivemos a sorte de contar coa presenza de A Apalpadora na biblioteca do noso centro. Contoulle ao alumnado o precioso que é o lugar onde habita na serra de Courel, en que consiste o seu traballo de carboeira e como noutros tempos se pasaba fame en moitos lugares de Galicia, de aí que unha das súas costumes sexa a de apalparlle a barriguiña aos nenos e nenas galegas despois do solsticio de inverno para deixarlles unha presa de castañas mentres están a durmir teñan fame ou non teñan. Como fomos moi bos ao longo deste ano, ao remate da súa visita, deixounos uns agasallos para cada un dos nenos e nenas do cole.
|
Sphere by sphere |
SPHERE BY SPHERE … Así foi como medraron as nosas obras de arte, esfera a esfera, disco a disco, cinta a cinta, … Fixemos reproduccións dalgunha das sculptures da artista Annie Morris, á que adicamos o noso proxecto este curso. Usamos papeis de refugallo, recycling que diríamos na nosa clase, balloons, glue, cos que elaboramos as spheres. E sphere a sphere medrou a nosa big sculpture. Tamén fixemos dúas máis con discos e cintas de papel. Buscamos novas sobre a artista e a súa serie de esculturas “Stacks of joy”, plasmamos esa información nas fichas de información e comezou o traballo artístico. Foi un traballo individual, en parella, pequeno grupo, gran grupo, un traballo persoal, libre, como todos os traballos artísticos pero no que a axuda e cooperación dos demais compañeiros/as foi fundamental. Os compañeiros/as de 4º E.P. viñeron a observar con curiosidade o noso bo facer artístico. Froito desa observación naceu a cooperación entre cursos para complementar a nosa exposición de obras artísticas. Tamén observou o noso traballo a mestra deses nenos/as. E os de 1º e 2º E.P. artífices do proxecto de arte, tamén os visitamos na súa aula e observamos o desenvolvemento das súas obras. E para que todos/as na escola poidesen observar e compartir sensacións, ocupamos coas nosas obras de arte os corredores da escola. STACKS OF JOY AT MANUEL SUEIRO! |
Encontros co autor Héctor Cajaraville |
O 6 de febreiro participamos en “Encontros co autor” con Héctor Cajaraville, autor do libro “Kusuma” e organizado pola concellería de educación nas instalacións do Liceo de Ourense co fin da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns e o traballo en valores. A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para o alumnado de 5º curso de Educación Primaria e a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro. Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador. Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas, e tras a lectura, realizouse o encontro con Héctor Cajaraville, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecelo e conversar con el sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura. O resumo argumental do libro, trata da historia de Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia. Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida. Neste libro profundan na cooperación, superación da amizade, un exemplo de como os prexuízos con que ás veces nos enfrontamos co descoñecido. Os escolares tiveron que realizar unha serie de actividades antes e despois da lectura. Primeiro tiñan que observar a portada e razoar a partir de aí sobre que pensaban que trataba o libro. Tamén tiveron que responder a cal foi o último libro que leron e o que máis lles gustou. Tras a lectura, discutiron na clase sobre como amizade, cooperación e o enfrontamento co descoñecido. |
Construíndo "Un libro de cores" entre todas e todos. |
RETO PARA A SEMANA DO DÍA DO LIBRO Leo proponvos un reto para a semana do libro. Entre todas as persoas da nosa comunidade educativa, nenos, nenas, pais, nais, avós, avoas... imos a facer un libro virtual de cores no que poñades de manifesto como vos sentides estes días tan distintos e especiais. Para elo, propoñémosvos que vexades, en primeiro lugar, este vídeoconto de catro minutos de duración e que leva por título "El monstruo de colores" da autora Anna Llenas. Unha vez visionado o videolibro, mirade as propostas que vos fai Leo na seguinte presentación: CONCRETANDO O RETO:
Con todos os traballos recibidos, editaremos un video-libro para a vosa biblioteca. PREME PARA VER O LIBRO DE CORES
|
Novos lectores na biblioteca |
Un ano máis, no Día das bibliotecas escolares o alumnado colaborador da bilioteca fixo entrega dos carnés de biblioteca ao novo alumnado no centro para que teñan acceso a todos os servizos que se ofertan desde a biblioteca, sendo o máis solicitado o servizo de préstamo para levar fondos da biblioteca para as súas casas. Xunto co carné, continuamos facendo entrega dunha carpeta na que lles vai un Pase de grandes lectores que deben cubrir das lecturas que fagan e que lle será validada co selo da biblioteca unha vez que devolva o libro. Cando a completan faiselle entrega dun pequeno agasallo en nome de Leo, a nosa mascota. |
Día da muller rural |
O noso cole non é un cole rural, mais tratamos de achegarnos ao rural todos os días. |
INTERNATIONAL DAY OF PEACE, Jan. 30th |
Os/as SUPERHEROES do cole empregan todos os seus poderes para eliminar a violencia na nosa sociedade, empezando polo noso colexio. Seguindo a campaña de UNICEF, “Vacina do bo trato e da paz”, comezamos a nosa tarefa. Inscribímonos na campaña e recibimos as nosas cartillas de vacinación nas que escribimos os nosos propósitos para rematar coa violencia que nos rodea. Puxemos as tiritas co lema #EndViolence, como remedio a esa ferida. Creamos un mural no que os/as Superheroes do coidado son quen de eliminar o Sueiro Virus coa Sueiro’s Vaccine. Os componentes desa vaccine son: kindness, friendship, equality, be happy, respect, smile, good listener, love. Na nosa cartilla de vacinación quedaron reflectidos todos estes compoñentes para que non os esquezaos. Non hai virus que poda coa nosa vaccine. Os/as compañeiros/as de 4 E.P. uníronse a esta campaña de vacinación. Vacinas do bo trato e da paz para todos/as! http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/1613 JOIN US IN THIS AMAZING ADVENTURE |
Día do amor e amizade |
Os alumnos e alumnas de 4° de Educación Primaria sabemos da importancia que teñen tanto o amor como a amizade no noso día a día. Por iso, durante estes días, estivemos traballando na aula en dúas actividades relacionadas con estes sentimentos:
|
Encontros con Antía Yáñez: "Plan rescate" |
O 19 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria tivo un encontro coa autora do libro Plan de rescate, Antía Yáñez, natural de Burela, e que está publicado po Ed. Xerais. O libro que está ilustrado por Xiana Teimoy, gañou o III Premio Agustín Fernández Paz á igualdade 2020. Antía cóntanos as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballaban na aula de apoio do seu colexio. É unha divertida aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e incluso un plan de rescate, pero tamén un chisco de amizade, camaradería, traballo en equipo e incluso algo de amor. A idea que subxace detrás dun argumento aparentemente convencional é que calquera persoa pode resolver un misterio ou desenvolverse na vida, e que non ten sentido que menosprecemos a ninguén por non ser coma nós. En definitiva, estamos ante un bo libro que fai que tanto as persoas pequenas como maiores gocen coa súa historia. |
Día da poesía 2021 | |
Instalacións da biblioteca no curso 2020/2021 |
No curso 2020/2021 a organización da biblioteca sufriu cambios importantes por mor do protocolo COVID. Os máis destacados foron a transformación das mesas de traballo en grupo en mesas de exposicións temáticas dos fondos da biblioteca. Asemade, a zona de ordenadores reduciuse a metade para cumprir coa distancia de seguridade establecida. Na seguinte galería pódese observar como están organizados varios dos recantos da nosa biblioteca. |
Aloha Hawaii |
Se seguistes as nosas andanzas o curso pasado, as messages in the bottles que enviamos ao mundo chegaron moi lonxe. E como o sabemos? Porque recibimos resposta. Unha resposta que chegou desde MOLOKA, “The friendly island”. E ben lonxe que está, en HAWAII! Desde alí, NEHELE e KAILANI escribíronnos unhas mensaxes que nos encheron de ledicia. Tamén enviaron uns libros para coñecer mellor o arquipélago de HAWAII, e uns bonecos que practican o seu deporte favorito, SURF. Pois xa temos o noso proxecto en camiño. Non perdades a nosa estela no mar. |
Xoves de Comadres |
Tan só unha semana despois da celebración do Xoves de Compadres, as mulleres preparáronse para tomar o mando do entroido no CEIPP Manuel Sueiro, todo isto no medio dun gran ambiente festivo no que participou todo o alumnado e persoal do centro. A celebración serviunos como ensaio para a preparación do desfile que terá lugar o venres de Entroido polas rúas do centro de Ourense. |
Día da Poesía 2022 |
O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade lingüística da humanidade. A poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz. O noso alumnado participou do impulso dialogante da poesía participando un recital de poesía que se realizou simultaneamente en todas as aulas do centro na Hora de ler coas poesías elaboradas ao longo dos días previos nos diferentes obradoiros desenvolvidos nas aulas. As súas obras quedaron expostas no corredor do centro nun gran mural: Asemade, o equipo de biblioteca realizou unha exposición dos fondos bibliográficos de poesía para que o alumnado que quixese, os levase en préstamo para ler nas súas casas ou momentos de lecer. Alumnado de Ed. Infantil Alumnado de 3º de Ed. Primaria |
Contacontos "Luuume" pola mestra María |
A profe María, do equipo de biblioteca, realizou un contacontos na biblioteca sobre o libro "Luuume!" de Andrea Freire e que está publicado pola Editorial Antela. Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?. Nesta fermosa historia, o protagonista é un pequeno misto que sempre está enfadado, e aprenderá a xestionar a frustración. No mes de maio teremos un encontro coa autora deste libro na nosa biblioteca. |
O Sueiriño a diversidade respecta |
Durante todo este curso 2021-2022, na aula de apoio, levamos a cabo un proxecto dedicado a fomentar o coidado e respecto do noso medio ambiente. As principais actividades realizadas, para levalo a cabo, foron as seguintes. Aproveitamos as estacións do ano e a celebración dalgunhas festas populares no noso centro, inculcar ditos valores:
|
Mochila viaxeiras en 3º de EP |
O curso escolar 2021/2022 o alumnado de 3º curso utilizaron dúas mochilas viaxeiras que foron intercambiadas cada quince días durante todo o curso. O traballo de alumnado queda reflectido nos debuxos que se acompañan nos libros configurados para elo. As mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período de quince días, para compartir coas familias o contido da mesma. O contido do material foi escollido pola titora de 3º curso, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos para que o alumando poida elixir. Acompañan a estes materiais “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, achegas, …, sobre o contido da mochila. O material que acompaña a mochila do alumando de 3º curso de Educación Primaria foi o seguinte. 1º mochila:
Coa “Mochila Viaxeira”, procúrase fomentar a interese do alumnado cara a lectura, así como a colaboración nesta fermosa actividade por parte da familia. Os resultados foron variados, xa que, como é de entender, non a todos os nenos lle gustan as mesmas lecturas nin se atopan motivados do mesmo xeito cara a actividade. En perspectiva cara a continuidade da actividade, sería necesario pescudar un pouco ao alumnado sobre os gustos de lectura da aula, e procurar orientar a mochila a estes, pero tamén fomentando unha maior abertura cara novas lecturas. |
Colleita final na nosa hortiña |
O último día de clase desplazámonos ata á nosa hortiña para recoller os alimentos que xa servían para comer. Metemos na nosa cesta tomates, cenorias, cebolas, leitugas e algúns amorodos que pillamos na horta dos nosos compañeiros do CIFP Portovello. Unha vez rematada a recolleita regresamos para o cole e preparamos unha gran merendola moi saudable na nosa clase, na que participou todo o alumnado que coidou a hortiña ao longo destes últimos meses. Estaba todo riquísimo!! |
Exposición do Samaín 2022 | |
Día da Ciencia en galego |
O 9 de novembro celebramos o día da ciencia en galego. Tivemos o privilexio de contar na biblioteca co profesor de Química, e membro da nosa comunidade educativa, David Bruzos para a realización de tres obradoiros destinados a todo o alumnado do cole, co obxectivo principal de salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego. Con el xogamos e experimentamos con cores e luces para entender de forma lúdica o fundamento de diversos fenómenos físicos e químicos. Na galería de imaxes podedes observar varios dos experimentos realizados nos obradoiros. Ao remate da actividade, todo o alumnado participante recibiu o seu carné de científico ou científica. |
Exposición de froitos do outono | |
Orange the word! |
Seguindo as suxestións das Nacións Unidas, no cole seguimos coa teima de ORANGE THE WORLD! Queremos un mundo no que as mulleres e as nenas teñan un futuro brilante, que todas podamos SHINE, SHINE, SHINE. A UNESCO anímanos este ano a levar a nosa ORANGE UMBRELLA! Do mesmo xeito que os paraugas nos protexen da chuvia, as orange umbrellas nos protexen da violencia de todo tipo exercida sobre mulleres e nenas. As nenas e menos de E. Primaria elaboraron as súas propias umbrellas, e os peques de E.Infantil, uníronse nunha BIG UMBRELLA, debuxando as súas mans dentro dela, a xeito de paraugas protector. 25th NOVEMBER International |
Visita á fábrica de Aceites Abril |
O 25 de novembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou a empresa ourensá Aceites Abril, situada no Polígono Industrial San Ciprián de Viñas, Calle 6, nº 18, en Ourense. O obxectivo da visita era coñecer o proceso de elaboración e distribución do aceite destacando a importancia da sostenibilidade e reciclaxe da empresa Aceites Abril. A nosa visita pola fábrica foi moi interesante, xa que nos amosaron diversas máquinas nas que puidemos observar os procesos de envasado, embotellado, etiquetado, almacenaxe e distribución. Antes de percorrer a fábrica, ensináronos a sección de calidade no que deixamos as nosas pertenzas e nos puxemos a batas e gorros. Nesta visita non hai fotografías, soamente esta de grupo que amosamos na páxina web xa que por motivos de seguridade non está permitido facer fotografías dentro das instalacións. A visita foi guiada por Javier Martínez, responsable de exportación e por Marta Pérez, responsable de RRHH. Dende o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro agradecemos a visita así como o magnífico trato recibido, cando nos inviten voltaremos porque quedaron moitas preguntas sen facer. |
Froita fresca nos recreos | |
Degustación de produtos da nosa horta escolar |
O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro. Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos. Estaba todo boísimo!! |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- …
- seguinte ›
- última »